Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo, 2014

Pencas de acelga rebozadas.

  Ía poñer que era unha receta de aproveitamento, porque "aproveitei" que aínda non fresou ninguén a cortiña, e as acelgas siguen vivas... A receta é o que di o seu nome, así que non esperedes virguerías. Pero están boas, e anque os fritos, rebozados, etc. non sexan demasiado sanos, comemos verdura ;) Outra cousa: a parte verde das acelgas tamén se come! Eu desta volta leveilla ás galiñas (con algún cosco polo medio) porque xa eran follas algo vellas e roídas. Pero para salteados ou cocidos ou revoltos, o verde da acelga sirve perfectamente. INGREDIENTES Pencas de acelga (a parte blanca, o "rabo" das follas da acelga) Fariña e ovos para rebozar Sal TEMPO O que é cociñar, pouco máis de media hora. Pero limpar as pencas pode levar máis tempo. PROCESO  Hai que empezar por limpar as pencas, sacándolles eses fíos ou teliñas que as recubren. A seguinte foto foi o meu "punto de partida" coas pencas sen limpar.   Cortándoas en ca...