Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xaneiro, 2015

Burritos de bonito e champiñóns

  Esta receta, aparte de que estaba ben boa, foi de disculpa para facer as tortillas mexicanas (as compradas están boas, pero por trastear con fariña...) e para trabarlle a algún chile picante. O que se lle meta dentro... da un pouco igual. Neste caso tiña bonito á plancha que me sobrara, e champis, e así foi a cousa. INGREDIENTES Para as tortillas: Fariña Sal Auga Para o recheo Bonito (xa estaba á plancha) Champiñóns Leituga (esquecín metela na foto) Chiles (neste caso eran serranos) Guacamole (xa sei que non é un "ingrediente", pero a receta téñoa aquí . TEMPO Case unha hora PROCESO Podemos empezar polo recheo porque é moi interesante que as tortillas estean quentes cando se coman, así que as fixen de último. Os ingredientes poden variar, pero en México suelen usar moito o guacamole e os chiles, así que os incluín. Podemos empezar por facer o guacamole para que repouse e enfríe algo (a min gústame metelo algo na nevera) Desmenuzam...