Á palometa negra ( Brama brama ) tamén lle chaman castañeta, japuta, zapatero, e algún outro nome máis. A foto que había dela na wikipedia era esta. Ten unha carne bastante compacta e algo seca, parecida á do bonito. Eu téñoa cociñada ó forno, á plancha, etc. e desta vez deume por probar o escabeche, e estaba boa. Ademais ten a ventaxa de que se pode comer ós días seguintes, que o escabeche era orixinalmente unha forma de conservar alimentos :) Aviso: é o "meu" escabeche, á miña maneira. Que hai tantas versións de escabeche como razas de cans. INGREDIENTES Unha palometa (eu non a usei toda) 4 dentes de allo Unha guindilla (opcional, non está na foto) Unha cebola Pemento roxo Zanahoria 3 follas de loureiro secas 1 vaso de Aceite 1 vaso de viño blanco 1 vaso de vinagre Sal Pementa negra (15 ou 20 graus) TEMPO Para facelo, uns vinte minutos. Logo debe repousar outros vinte ou así polo menos. Tamén pode comerse ós días seguintes. PROCES...