Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xuño, 2016

Licor de amorodos

Ou de fresas. Ou de como centella lles queirades chamar. Xa sei que esto non é unha receta de comida, máis ben é de alquimia, pero se sae ben quero recordar como o fixen. INGREDIENTES 1 Kg de amorodos Augardente (1,5 l aprox.) Auga (1/2 l aprox) Azucre (1/2 Kg escaso) Xa sei que as medidas van aproximadas, pero non atopei a balanza :) TEMPO Un cuarto de hora escaso para facelo. Macerando debe estar... xa irei dicindo. PROCESO  Lavamos os amorodos, despois sacámoslles o verde e cortámolas en cachos. Eu cortei en 2 os pequenos e en 3 ou 4 os grandes. Facer unha especie de almíbar. Non ten que cocerse, só diluirse o azucre. Medio litro de auga e medio kilo (escaso) de azúcar e poñemos ó lume. Como se ve na foto, o azucre blanco vese perfectamente no fondo da pota. Despois de quentalo algo, e revolver (non lle din tempo a ferver, quedou pouco máis que templada) xa se ve que o azucre está diluido. Apagamos o lume. Metemos ...