Receta particular de calabacíns recheos. O recheo podía ser de calquera cousa, eu fíxeno de carne. A cantidade dos ingredientes que poño aquí para o recheo son moitísimos máis que os que usei para encher os 3 cachos de calabacín que usei, porque quería ter recheo de máis para outras cousas (empanada, ou xa veremos), pero poño a cantidade para manter as proporcións e para que coincida algo coas fotos. Os calabacíns non deben ser demasiado grandes, porque se non a pel pode estar demasiado dura, e a idea é comer logo todo. Como a min me gusta o picante, e tiña unha lata de chiles jalapeños aberta, pois botei algún polo medio (algúnha roda de chile e algún cacho de zanahoria que viña na lata, que case pica máis que os chiles porque absorveu). INGREDIENTES Calabacíns (eu usei un e medio, non moi grandes) Carne picada (250g), vale de cocho, xato, pito, mezclada... 1 cebola mediana 2 dentes de allo 3 champiñóns Queixo relado Jalapeños (se queres que piquen) Sal e pem...