Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro, 2021

Sopa de miso (máis ou menos)

Nota a posteriori aínda que vaia de primeiro párrafo: O que eu pensei que era pasta de miso (o que me deron cando o pedín) era realmente doenjang, que non é exactamente o mesmo. Pero non vou borrar a receta, porque o proceso e o resto do material é correcto.  A sopa de miso é orixinaria de Xapón. O miso é unha pasta de soia fermentada. Hai variedades, como en todas as recetas. Aquí vai unha que penso que se acerca á máis "lexítima". Por suposto que hai quen di que é moi simple, coller dashi (caldo de peixe) e remexer pasta de miso, e hala. Pero non é o habitual.  Hai bastantes ingredientes "raros" que non se consiguen en calquera sitio. Ó final da receta poñerei ingredientes diferentes contando algo sobre eles. INGREDIENTES De esquerda a dereita e de arriba a abaixo: Alga wakame, como unha cullerada 2 ou 3 Shiitake (eu usei un deshidratado) Katsuobushi (bonito seco afumado en láminas moi finas), como unha taza. Ceboleta e allo tenro (para poñer ó final en crú) Unha...