Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xuño, 2013

Panpizza rápida

Esta é unha receta rápida de panpizza . É como unha pizza, pero en vez de facer unha base con masa utilizamos pan. INGREDIENTES Unha chapata Aceite de oliva Salsa de tomate Queixo Xamón (tamén sirve panceta  e/ou chourizo) Orégano PREPARACIÓN Cortamos a chapata como se fósemos facer un bocadillo. Xa podemos ir facendo toda a montaxe na bandexa que vai ir ó forno. É moi recomendable usar un papel de fornear e non poñer o pan directamente sobre a placa (deste xeito sae máis crocante). Poñemos un pouco de aceite de oliva  Cubrimos con salsa de tomate  Relamos queixo abundante encima (non recordo que queixo era, pero con queixos como o parmesano sae ben potente de sabor)  Poñemos o xamón e/ou panceta e/ou chourizo encima. Aquí os ingredientes poden variar o que queiramos. Se queres marisco, ou se queres piña (eu non!) tamén podes usalo. Remata poñendo orégano. Se non cheira a orégano, non é pizza ;)  Gratina no forno durante uns 10 ...

Tempura de verduras e langostinos

Esta vez non é unha receta de aproveitamento, todo foi comida nova :) Quería facer algo usando tempura, e escollín verduras e langostinos. INGREDIENTES Estes ingredientes usáronse para 2 persoas. 250 gramos de langostinos 2 cenorias Medio pemento verde Medio pemento vermello 3 champiñóns 3 espárragos verdes Medio calabacín Para facer a tempura Fariña de arroz  Auga moi fría  Como acompañamento Salsa de soia  PREPARACIÓN  Primeiro hai que trocear as verduras e pelar os langostinos deixando a puntiña do rabo como se ve na foto. As verduras deben quedar en cachos bastante pequenos, "de bocado". Se os comes cos palillos chinos, que poidas meter cada cacho na boca. Eu neste caso piquei o calabacín demasiado grande, e por iso non quedou demasiado cociñado. Hai que ter en conta que a fritura vai ser bastante rápido, polo que todo vai quedar bastante al dente. Na imaxe hai unha mostra de como foi troceado. Logo, hai que facer a tempura, que ...