Esta é unha receta rápida de panpizza. É como unha pizza, pero en vez de facer unha base con masa utilizamos pan.
Poñemos un pouco de aceite de oliva
Cubrimos con salsa de tomate
Relamos queixo abundante encima (non recordo que queixo era, pero con queixos como o parmesano sae ben potente de sabor)
Poñemos o xamón e/ou panceta e/ou chourizo encima. Aquí os ingredientes poden variar o que queiramos. Se queres marisco, ou se queres piña (eu non!) tamén podes usalo.
Remata poñendo orégano. Se non cheira a orégano, non é pizza ;)
Gratina no forno durante uns 10 minutos aproximadamente. Podes ir mirando que tal queda para non churruscar demasiado o asunto.
Corta, sirve, e come. Esta parte non é complicada, pero non te queimes!
INGREDIENTES
- Unha chapata
- Aceite de oliva
- Salsa de tomate
- Queixo
- Xamón (tamén sirve panceta e/ou chourizo)
- Orégano
PREPARACIÓN
Cortamos a chapata como se fósemos facer un bocadillo. Xa podemos ir facendo toda a montaxe na bandexa que vai ir ó forno. É moi recomendable usar un papel de fornear e non poñer o pan directamente sobre a placa (deste xeito sae máis crocante).Poñemos un pouco de aceite de oliva
Cubrimos con salsa de tomate
Relamos queixo abundante encima (non recordo que queixo era, pero con queixos como o parmesano sae ben potente de sabor)
Poñemos o xamón e/ou panceta e/ou chourizo encima. Aquí os ingredientes poden variar o que queiramos. Se queres marisco, ou se queres piña (eu non!) tamén podes usalo.
Remata poñendo orégano. Se non cheira a orégano, non é pizza ;)
Gratina no forno durante uns 10 minutos aproximadamente. Podes ir mirando que tal queda para non churruscar demasiado o asunto.
Corta, sirve, e come. Esta parte non é complicada, pero non te queimes!
Comentarios
Publicar un comentario