Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril, 2014

Pastel de verduras con bonito

Esta receta adapteina deste vídeo de youtube: https://www.youtube.com/watch?v=Jg0NkX_HUaw. Tenen máis recetas simpáticas e parecen útiles. Neste caso, o que se fai é unha especie de tortilla con ovos, fariña, leite, e outras cousas, e metelo no forno. É fácil e non se usa graxa, pero polo menos eu manchei un montón de cacharros :). INGREDIENTES 5 ovos Fariña, uns 100 g. Leite, un vaso 1 lata de bonito 1 lata de guisantes Tomate (medio se é moi grande) Calabacín Cenoria Espárragos verdes Ceboleta Apio Sal e pementa negra TEMPO 1 h aprox. Se prequentas o forno mentras preparas o tinglado, algo menos. PROCESO Primeiro: os ingredientes poden variar. De onde o collín eu non había guisantes, espárragos nin apio, pero había maíz dulce. Noutras podedes ver xudías verdes. O que non leva, porque se vai mezclar todo en crudo e meter no forno, son patacas (igual quedan ben se van en cachos moi pequenos, pero por se acaso). Empezamos polos ovo...