Saltar ao contido principal

Pastel de verduras con bonito


Esta receta adapteina deste vídeo de youtube: https://www.youtube.com/watch?v=Jg0NkX_HUaw. Tenen máis recetas simpáticas e parecen útiles.

Neste caso, o que se fai é unha especie de tortilla con ovos, fariña, leite, e outras cousas, e metelo no forno. É fácil e non se usa graxa, pero polo menos eu manchei un montón de cacharros :).

INGREDIENTES

  • 5 ovos
  • Fariña, uns 100 g.
  • Leite, un vaso
  • 1 lata de bonito
  • 1 lata de guisantes
  • Tomate (medio se é moi grande)
  • Calabacín
  • Cenoria
  • Espárragos verdes
  • Ceboleta
  • Apio
  • Sal e pementa negra


TEMPO

1 h aprox. Se prequentas o forno mentras preparas o tinglado, algo menos.

PROCESO

Primeiro: os ingredientes poden variar. De onde o collín eu non había guisantes, espárragos nin apio, pero había maíz dulce. Noutras podedes ver xudías verdes.
O que non leva, porque se vai mezclar todo en crudo e meter no forno, son patacas (igual quedan ben se van en cachos moi pequenos, pero por se acaso).

Empezamos polos ovos. Se son da casa saben mellor ;)

Batémolos ben

Agregamos a fariña. Eu non a pesei, pero deberían ser uns 20 g. por ovo. Eu botei tres cucharadas sopeiras das miñas, "a pico dereito".
Mezclamos (se tes varillas mellor) e mezclamos tamén o vaso de leite. En canto o teñas mezclado, aliña cun pouco de sal e pementa negra moída no momento.

Logo hai que picar a verdura. Os guisantes non, vaia. O tomate e os espárragos piqueinos co coitelo á man. O calabacín, cenoria, ceboleta e apio foi co accesorio rallador fino da batidora (o que me regalaron por Reis... estouno usando!). O bonito podes desmigalo coas maus ou co tenedor.

Tamén é un bo momento, antes de empezar a picar, para poñer o forno a prequentar a 180ºC.


Mezclamos todo ben.


Logo hai que preparar un molde, ou fonte, ou algo que poida ir ó forno. Eu collín unha fonte pyrex, e collín papel de forno. Botei unhas unhas gotas de aceite na fonte, e cubrín co papel. Así fixo que se aguantara o papel no fondo. Supoño que auga ó mellor vale igual, pero o aceite é algo máis pegajoso. En calquera caso, o aceite nunca tocou os ingredientes de comer, quedou entre a fonte e o papel.

Verquemos a mezcla na fonte.

Metemos a fonte no forno, e imos vendo como vai.
Eu non me acordei de poñer o forno a prequentar, así que o puxen a 180ºC, e despois de aprox. 35 minutos saqueino.


Acompañado dunha pouca de ensalada, estaba moi bo. E ó día seguinte seguía estando bo. Eso si, esquecín probalo de frío. Metino no microondas e a comer, pero supoño que de frío estará comestible como as tortillas...


Comentarios

  1. pois.. penso que ten que estar moi bó frio tamen....... creo que incluso moi frio, como para levar na cesta-nevera para comer de campo un dia de calor....gustame a idea,..como sempre muy versatil.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Sopa de pescado e marisco

  Sopa de pescado e marisco. Todas as noiteboas fago unha parecida. Poden variar os ingredientes, porque esto consiste basicamente en ir cocendo cousas e metelas xuntas nunha pota, aproveitando a auga de cocelas, claro. Se en vez de usar cousas conxeladas ou de lata se usan as frescas, sabe mellor, claro ;) Esta é a lista dos ingredientes que usei este ano. Para o ano que ven, ou para ano vello se a fago, quen sabe... INGREDIENTES 1/2 Kg de berberechos 1/2 Kg de gambas peladas 8 barriñas de surimi ("palitos de cangrexo") 1/4 Kg de chipiróns 4 Cabezas de pescado (merluzas) 1 Kg de ósos de rape 1 "tronkito" de merluza 1/4 Kg de carne de mellixóns 1/4 Kg de carne de zamburiñas 1 sobre de crema de lubrigante (non atopei a de langosta) Un bote de salsa de tomate (400 g aprox.) 1 pocillo de tapioca Azafrán TEMPO Hora e media, máis ou menos PROCESO Se usas berberechos -chícaros, que se di na miña casa- con casca (recomendable porque...

Boliñas de queixo

Esta é unha especie de receta de aproveitamento, mesturada con pinchoteo. Pode facerse con queixo fresco relado, claro, pero eu fíxeno con queixo que tiña seco na nevera, que parecía un croio. Con mozarella ou gouda ou así queda derretido por dentro, co que fixen eu non. INGREDIENTES Queixo relado (aproveitando queixos varios vellos): Eran 173 g. 2 culleradas de maicena: 30 g (que quizás sobraba algo) Un ovo 2 culleradas de leite (non está na foto, foi unha adaptación porque quedou moi seco). TEMPO 20 ou 25 minutos. PROCESO Mesturamos o ovo e a maicena co queixo relado. Como este era queixo moi seco, probablemente a maicena sobraría. Hai que amasar á mau un bo cacho, e quedaba demasiado seco, así que metín un par de culleradas de leite. O aspecto final da masa é este: Compacta, seca, pero que mantén a forma. Agora toca coller cachiños e facer bolas. A min saíronme 37. E fritir. Lume alto e sen poñer demasiadas boliñas de vez para que non baixe a temperatura. Como eran pequenas, metín d...

Ensalada de cochayuyo

Outro invento, de orixe chileno. O cochayuyo ( Durvillaea antárctica ) é unha alga do pacífico que parece ser que se come habitualmente en Chile (aínda que eu non o vin en ningunha carta de restaurantes). Véndese nunha especie de mollos deshidratados que pesan moi pouco (cento e pico gramos) que hai que hidratar e cocer, e úsase habitualmente en ensaladas, ceviches e  cazuelas , entre outras recetas.  Ten moi pouco sabor (sobre todo se o coces sin sal) e unha textura medio xelatinosa e algo similar á punta da orella de cocho cocida, algo triscante (depende do que o cozas, claro). O máis difícil da receta igual foi conseguir o cochayuyo. Eu aproveitei unha viaxe a Chile ☺. INGREDIENTES Cochayuyo, claro. Eu usei como un cuarto do paquete seco, que deben ser 40 ou 50g aprox (na foto xa está hidratado, e usei a metade do que se ve). Cebola, pode ser colorada ou branca, eu usei media ceboleta escasa 1 tomate Medio pemento colorado e medio verde 1 Zanahoria Unhas follas de cilantro ...