Xa teño no blog outra receta de flan, feito ó forno , pero tiña curiosidade. Tiña vistos varios vídeos en youtube de como facelo ó microondas, en moi pouco tempo (ó forno levoume unha hora de forno aprox), así que probei. Con menos cantidade, por se acaso, pero o resultado foi sorprendendentemente bo. Os ingredientes e proceso, ata metelo no microondas, son similares á outra receta. O caramelo na tixela fixeno igual tamén. INGREDIENTES 2 ovos 2 cucharadas sopeiras de azúcar (máis unha para o caramelo) un vaso de leite (25 cc aprox.) TEMPO Para facelo poñamos uns 20 minutos escasos (da primeira foto á última no meu caso foron 17), pero logo ten que enfriar na neveira. PROCESO Batemos os ovos co azúcar. Engadimos o leite, e batemos de novo ata que quede homoxéneo. O "mejunje" xa está. Agora facemos o caramelo. Botamos a chucarada de azúcar na tixela, e unhas gotiñas (poucas) de limón. Sen mover deixamos que derrita o azúcar...