Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xullo, 2014

Buñuelos con carne

A masa creo que se chama choux , e disque sirve para profiteroles (que normalmente se enchen con nata, crema pasteleira, chocolate, etc.), para buñuelos (sen nada ou con cousas saladas), e non sei para que máis. Eu decidín coller un pouco de carne cocida moi picada e ver que resultaba.  Resultou bastante ben. Non quedou un. INGREDIENTES Un vaso de auga (250 cc) 50 gramos de manteiga 125 gramos de fariña 50 gramos de carne picada (opcional) 4 ovos (pode variar dependendo do tamaño) Sal Aceite para fritir TEMPO Tempo total aproximado: 1 hora. Máis ou menos 20 minutos para facer a masa, e 40 para fritir todos os buñuelos. PROCESO Empezamos poñendo o vaso de auga cos 50 gramos de manteiga ó lume, ata que ferva. En algún vídeo aconsellagan non poñer lume moi forte para que ferva todo xunto e non se evapore a auga coa manteiga sen derretir (porque variaría a cantidade de auga que queda). Pode botarse xa unha pizca de sal (se é para profiteroles, tamén...