Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2015

Palometa en escabeche

Á palometa negra ( Brama brama ) tamén lle chaman castañeta, japuta, zapatero,  e algún outro nome máis. A foto que había dela na wikipedia era esta. Ten unha carne bastante compacta e algo seca, parecida á do bonito. Eu téñoa cociñada ó forno, á plancha, etc. e desta vez deume por probar o escabeche, e estaba boa. Ademais ten a ventaxa de que se pode comer ós días seguintes, que o escabeche era orixinalmente unha forma de conservar alimentos :) Aviso: é o "meu" escabeche, á miña maneira. Que hai tantas versións de escabeche como razas de cans. INGREDIENTES Unha palometa (eu non a usei toda) 4 dentes de allo  Unha guindilla (opcional, non está na foto) Unha cebola Pemento roxo Zanahoria 3 follas de loureiro secas 1 vaso de Aceite 1 vaso de viño blanco 1 vaso de vinagre Sal Pementa negra (15 ou 20 graus) TEMPO Para facelo, uns vinte minutos. Logo debe repousar outros vinte ou así polo menos. Tamén pode comerse ós días seguintes. PROCES...

Ensalada de repolo

Repolo crudo? Pois si. e non está mal. Chámanlle os yankees "colesaw" ou "ensalada de col", pero vale igual unha col cerrada que un repolo. Eu fíxena cun pouco de repolo "corazón de boi" que saquei da cortiña para que non mos paparan os vermes, ou o que fose. INGREDIENTES Repolo ou algún tipo de col similar (mellor que cerren como o repolo). Unha zanahoria Unha ceboleta Mahonesa, unhas 4 cucharadas sopeiras Mostaza, unhas 3 cucharadas Vinagre, unhas 4 cucharadas Medio vaso de leite Limón Sal (esquecín poñelo para a primeira foto) TEMPO:  Uns 20 minutos. PREPARACIÓN: As cousas por orden. Para empezar, a salsa desta ensalada pode facerse de formas moi distintas, aínda que normalmente todas levan unha base de mahonesa e mostaza. Hai quen lle bota "crema agria" ou similar, pero eu en algún sitio vin como facer unha aproximación, e xa non a comprei. O método é botar medio vaso de leite, deixar que se poña da tem...

Burritos de bonito e champiñóns

  Esta receta, aparte de que estaba ben boa, foi de disculpa para facer as tortillas mexicanas (as compradas están boas, pero por trastear con fariña...) e para trabarlle a algún chile picante. O que se lle meta dentro... da un pouco igual. Neste caso tiña bonito á plancha que me sobrara, e champis, e así foi a cousa. INGREDIENTES Para as tortillas: Fariña Sal Auga Para o recheo Bonito (xa estaba á plancha) Champiñóns Leituga (esquecín metela na foto) Chiles (neste caso eran serranos) Guacamole (xa sei que non é un "ingrediente", pero a receta téñoa aquí . TEMPO Case unha hora PROCESO Podemos empezar polo recheo porque é moi interesante que as tortillas estean quentes cando se coman, así que as fixen de último. Os ingredientes poden variar, pero en México suelen usar moito o guacamole e os chiles, así que os incluín. Podemos empezar por facer o guacamole para que repouse e enfríe algo (a min gústame metelo algo na nevera) Desmenuzam...