Saltar ao contido principal

Ensalada de repolo


Repolo crudo? Pois si. e non está mal.
Chámanlle os yankees "colesaw" ou "ensalada de col", pero vale igual unha col cerrada que un repolo. Eu fíxena cun pouco de repolo "corazón de boi" que saquei da cortiña para que non mos paparan os vermes, ou o que fose.

INGREDIENTES

  • Repolo ou algún tipo de col similar (mellor que cerren como o repolo).
  • Unha zanahoria
  • Unha ceboleta
  • Mahonesa, unhas 4 cucharadas sopeiras
  • Mostaza, unhas 3 cucharadas
  • Vinagre, unhas 4 cucharadas
  • Medio vaso de leite
  • Limón
  • Sal (esquecín poñelo para a primeira foto)


TEMPO:

 Uns 20 minutos.

PREPARACIÓN:

As cousas por orden. Para empezar, a salsa desta ensalada pode facerse de formas moi distintas, aínda que normalmente todas levan unha base de mahonesa e mostaza. Hai quen lle bota "crema agria" ou similar, pero eu en algún sitio vin como facer unha aproximación, e xa non a comprei.

O método é botar medio vaso de leite, deixar que se poña da temperatura ambiente se estaba na nevera, e botarlle un chorro de zumo de limón. Como unha cucharada sopeira debería bastar. En 5-10 minutos o leite córtase, e xa pode usarse.
 
Logo, podemos empezar a picar as verduras. Pode facerse cun coitelo facendo unha xuliana moi, moi fina, ou usando aparatos. Como a min me regalaron o accesorio "relador" da batidora, foi o que usei. Probablemente outro día o faga co coitelo, pero ten que ser moi fino, porque se non o repolo crudo faise algo forte de máis.



Despois de relar as verduras (uns 5 minutos entre pelar a zanahoria e ceboleta, e relar todo na máquina) podemos comprobar se o leite se cortou co limón. Se é así, está ben.

Poñemos nun bol pequeno 4 cucharadas de mahonesa, 3 de mostaza, unha pizca de sal, e 4 cucharadas de vinagre blanco (o tinto deixaría un color algo raro, máis que nada). Revolvemos ben, engadimos o leite cortado, e mezclamos ben todo. Quedará unha textura parecida á da foto.


E xa está. Volcamos a salsa na ensaladeira das verduras, e revolvemos ben.
Complicado, eh! :)

Esta podería ser unha presentación.


E esta, outra. Tiña por aí unha rodaxa de salmón. Fíxena á plancha, e púxena "de guarnición" da ensalada... con unha folla de perexil e todo. A ver se non me denuncia Arguiñano por copión.

Hala, que aproveite. E non fagades moita dunha vez, ou non mezcledes a salsa polo menos. Aínda que desta vez a min me quedou un pouco e para a cena estaba boa, outras veces quedaba algo pachucha e non era moi agradable.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Sopa de pescado e marisco

  Sopa de pescado e marisco. Todas as noiteboas fago unha parecida. Poden variar os ingredientes, porque esto consiste basicamente en ir cocendo cousas e metelas xuntas nunha pota, aproveitando a auga de cocelas, claro. Se en vez de usar cousas conxeladas ou de lata se usan as frescas, sabe mellor, claro ;) Esta é a lista dos ingredientes que usei este ano. Para o ano que ven, ou para ano vello se a fago, quen sabe... INGREDIENTES 1/2 Kg de berberechos 1/2 Kg de gambas peladas 8 barriñas de surimi ("palitos de cangrexo") 1/4 Kg de chipiróns 4 Cabezas de pescado (merluzas) 1 Kg de ósos de rape 1 "tronkito" de merluza 1/4 Kg de carne de mellixóns 1/4 Kg de carne de zamburiñas 1 sobre de crema de lubrigante (non atopei a de langosta) Un bote de salsa de tomate (400 g aprox.) 1 pocillo de tapioca Azafrán TEMPO Hora e media, máis ou menos PROCESO Se usas berberechos -chícaros, que se di na miña casa- con casca (recomendable porque...

Boliñas de queixo

Esta é unha especie de receta de aproveitamento, mesturada con pinchoteo. Pode facerse con queixo fresco relado, claro, pero eu fíxeno con queixo que tiña seco na nevera, que parecía un croio. Con mozarella ou gouda ou así queda derretido por dentro, co que fixen eu non. INGREDIENTES Queixo relado (aproveitando queixos varios vellos): Eran 173 g. 2 culleradas de maicena: 30 g (que quizás sobraba algo) Un ovo 2 culleradas de leite (non está na foto, foi unha adaptación porque quedou moi seco). TEMPO 20 ou 25 minutos. PROCESO Mesturamos o ovo e a maicena co queixo relado. Como este era queixo moi seco, probablemente a maicena sobraría. Hai que amasar á mau un bo cacho, e quedaba demasiado seco, así que metín un par de culleradas de leite. O aspecto final da masa é este: Compacta, seca, pero que mantén a forma. Agora toca coller cachiños e facer bolas. A min saíronme 37. E fritir. Lume alto e sen poñer demasiadas boliñas de vez para que non baixe a temperatura. Como eran pequenas, metín d...

Tortilla de sesos

É unha tortilla francesa con sesos, ou molas, ou cerebro, ou como lle queiras chamar, de cocho. Hai quen dirá: Que noxo! Pero se é de confianza (cocho matado na casa) pois eu apúntome a facela e comela. Case  era un ritual na casa o día de despedazar o cocho :) INGREDIENTES Os sesos dun cocho 2 ovos Sal e/ou pimenta ó gusto TEMPO Menos dun cuarto de hora PROCESO Primeiro hai que lavar e escocer os sesos. Ás veces quedan manchados de sangre, incluso con coágulos case negros (sobre todo desde que hai que atontar o animal co balote antes de matalo). Basta con cocelos 2 minutos ou así, é unha materia moi blanda.  Deixa templar un pouco (para non queimarte) e limpa os sesos. Mentras se cocen os sesos, podes bater os ovos, e cando estean os sesos limpos mézclaos cos ovos. Pisa co tenedor para desmigalos algo, así quedará máis homoxénea. Adereza con sal e/ou pementa ó teu gusto. E só queda facer a tortilla de forma normal. Prime...