Repolo crudo? Pois si. e non está mal. Chámanlle os yankees "colesaw" ou "ensalada de col", pero vale igual unha col cerrada que un repolo. Eu fíxena cun pouco de repolo "corazón de boi" que saquei da cortiña para que non mos paparan os vermes, ou o que fose. INGREDIENTES Repolo ou algún tipo de col similar (mellor que cerren como o repolo). Unha zanahoria Unha ceboleta Mahonesa, unhas 4 cucharadas sopeiras Mostaza, unhas 3 cucharadas Vinagre, unhas 4 cucharadas Medio vaso de leite Limón Sal (esquecín poñelo para a primeira foto) TEMPO: Uns 20 minutos. PREPARACIÓN: As cousas por orden. Para empezar, a salsa desta ensalada pode facerse de formas moi distintas, aínda que normalmente todas levan unha base de mahonesa e mostaza. Hai quen lle bota "crema agria" ou similar, pero eu en algún sitio vin como facer unha aproximación, e xa non a comprei. O método é botar medio vaso de leite, deixar que se poña da tem...