Hummus ou puré de garavanzo. Receta moi común no oriente medio (Marrocos, Líbano, Siria, Israel, Palestina ...), que leva outros ingrediente fundamentais: o tahini (ou tahine, ou tahina), que é unha salsa de sésamo tostado, e o zume de limón. Aparte de que sabe ben, a min sorprendeume moito a "potencia" que ten. Eu son de comer carne ou peixe en todas as comidas, pero desta vez valeume coa proteína dos garavanzos. De feito, o que se ve na foto non o acabei... Pode facerse máis ou menos caseiro. Por exemplo, podemos coller os garavanzos secos, poñelos a remollo e cocelos, ou comprar botes de garavanzos cocidos. Eu cheguei á conclusión de que os de bote non me gustan. Sacaranme dun apuro, pero prefiro os naturais. Tamén se pode facer a salsa tahine: tostar sésamo, moelo e engadirlle algo de auga e aceite para que sexa máis pastoso (tamén vin algún vídeo no que quedaba máis ben apelmazado). Como para moelo ben hai que poñer un montón de sésamo, que non é precis...