Saltar ao contido principal

Hummus de garavanzos



Hummus ou puré de garavanzo. Receta moi común no oriente medio (Marrocos, Líbano, Siria, Israel, Palestina ...), que leva outros ingrediente fundamentais: o tahini (ou tahine, ou tahina), que é unha salsa de sésamo tostado, e o zume de limón.

Aparte de que sabe ben, a min sorprendeume moito a "potencia" que ten. Eu son de comer carne ou peixe en todas as comidas, pero desta vez valeume coa proteína dos garavanzos. De feito, o que se ve na foto non o acabei...

Pode facerse máis ou menos caseiro. Por exemplo, podemos coller os garavanzos secos, poñelos a remollo e cocelos, ou comprar botes de garavanzos cocidos. Eu cheguei á conclusión de que os de bote non me gustan. Sacaranme dun apuro, pero prefiro os naturais.

Tamén se pode facer a salsa tahine: tostar sésamo, moelo e engadirlle algo de auga e aceite para que sexa máis pastoso (tamén vin algún vídeo no que quedaba máis ben apelmazado). Como para moelo ben hai que poñer un montón de sésamo, que non é precisamente barato, e como tamén tiven algunha mala experiencia moéndoo, pois optei pola salsa tahine comprada. Máis ben regalada, gracias afillada ;-)

INGREDIENTES

  • Garavanzos (400 g)
  • 4 culleradas sopeiras de Tahini
  • Medio vaso de auga
  • Zumo de medio limón
  • 2 dentes de allo
  • Sal
  • Cominos (1/2 cullerada de postre)
  • Opcional: 
    • outras especias (Ras el hanout, Harissa, etc.)
    • Pimentón doce
    • 2 culleradas sopeiras de aceite de oliva
  • Verduras ou pan para untar logo o hummus.

TEMPO

10-15 minutos montar o plato se xa están os garavanzos cocidos. 
Se se cocen:  12 horas a remollo + 40 min aprox. de cocer, e esperar que enfríen.

PROCESO

Eu recomendo facer o hummus con garavanzos naturais e non de bote.
Normalmente eu poño a remollos todo o paquete de garavanzos unhas 12 horas, uso os que sexa e conxelo o resto, que podo botalo a cocer directamente desde o conxelador. Os que usei esta vez eran dos conxelados. Cocinos unha media hora ou 40 minutos, e deixeinos enfriar.

Logo escurrinos, e metín no vaso triturador os garavanzos, uns 2 dentes de allo, a culleradiña de sal, comino e Ras el Hanout, o zume do limón (este non da moito zume, se é bo bastaría medio), o vaso (escaso) de auga, un bo chorro de aceite de oliva (a metade da botelliña da foto) e 4 culleradas sopeiras da salsa tahini.


Triturei todo ata que quedara cremoso. O outro día fíxeno co vaso batidor en vez de na trituradora e gustoume máis a textura, máis pastosa. Pero o sabor é bo igualmente.

Para comelo, cortei unhas verduras crudas (zenoria e pemento colorado) e escaldadas (espárragos verdes, escaldeinos 3 minutos) e unha rebada de pan, e montei o plato co hummus no medio, adornado cun pouco de pementón doce, albahaca e uns garavanzos que gardei.



Tamén fixen unha pequena ensalada para acompañar... e estaba todo moi bo!


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Sopa de pescado e marisco

  Sopa de pescado e marisco. Todas as noiteboas fago unha parecida. Poden variar os ingredientes, porque esto consiste basicamente en ir cocendo cousas e metelas xuntas nunha pota, aproveitando a auga de cocelas, claro. Se en vez de usar cousas conxeladas ou de lata se usan as frescas, sabe mellor, claro ;) Esta é a lista dos ingredientes que usei este ano. Para o ano que ven, ou para ano vello se a fago, quen sabe... INGREDIENTES 1/2 Kg de berberechos 1/2 Kg de gambas peladas 8 barriñas de surimi ("palitos de cangrexo") 1/4 Kg de chipiróns 4 Cabezas de pescado (merluzas) 1 Kg de ósos de rape 1 "tronkito" de merluza 1/4 Kg de carne de mellixóns 1/4 Kg de carne de zamburiñas 1 sobre de crema de lubrigante (non atopei a de langosta) Un bote de salsa de tomate (400 g aprox.) 1 pocillo de tapioca Azafrán TEMPO Hora e media, máis ou menos PROCESO Se usas berberechos -chícaros, que se di na miña casa- con casca (recomendable porque...

Boliñas de queixo

Esta é unha especie de receta de aproveitamento, mesturada con pinchoteo. Pode facerse con queixo fresco relado, claro, pero eu fíxeno con queixo que tiña seco na nevera, que parecía un croio. Con mozarella ou gouda ou así queda derretido por dentro, co que fixen eu non. INGREDIENTES Queixo relado (aproveitando queixos varios vellos): Eran 173 g. 2 culleradas de maicena: 30 g (que quizás sobraba algo) Un ovo 2 culleradas de leite (non está na foto, foi unha adaptación porque quedou moi seco). TEMPO 20 ou 25 minutos. PROCESO Mesturamos o ovo e a maicena co queixo relado. Como este era queixo moi seco, probablemente a maicena sobraría. Hai que amasar á mau un bo cacho, e quedaba demasiado seco, así que metín un par de culleradas de leite. O aspecto final da masa é este: Compacta, seca, pero que mantén a forma. Agora toca coller cachiños e facer bolas. A min saíronme 37. E fritir. Lume alto e sen poñer demasiadas boliñas de vez para que non baixe a temperatura. Como eran pequenas, metín d...

Tortilla de sesos

É unha tortilla francesa con sesos, ou molas, ou cerebro, ou como lle queiras chamar, de cocho. Hai quen dirá: Que noxo! Pero se é de confianza (cocho matado na casa) pois eu apúntome a facela e comela. Case  era un ritual na casa o día de despedazar o cocho :) INGREDIENTES Os sesos dun cocho 2 ovos Sal e/ou pimenta ó gusto TEMPO Menos dun cuarto de hora PROCESO Primeiro hai que lavar e escocer os sesos. Ás veces quedan manchados de sangre, incluso con coágulos case negros (sobre todo desde que hai que atontar o animal co balote antes de matalo). Basta con cocelos 2 minutos ou así, é unha materia moi blanda.  Deixa templar un pouco (para non queimarte) e limpa os sesos. Mentras se cocen os sesos, podes bater os ovos, e cando estean os sesos limpos mézclaos cos ovos. Pisa co tenedor para desmigalos algo, así quedará máis homoxénea. Adereza con sal e/ou pementa ó teu gusto. E só queda facer a tortilla de forma normal. Prime...