Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril, 2020

Tortitas ("pancakes")

Toca modo Yankee. Se non, que non me preguntara meu irmau como se fan estas centellas. Eu mirei nun par de vídeos e fixen unha mezcla de recetas. INGREDIENTES Esto deu para 3 tortiñas, máis que de sobra para unha persoa. 1 ovo 1 cucharada de azúcar (eu usei 2 sobres) 1 pizca de sal 2 cucharadas de aceite 1/2 vaso leite 1 vaso fariña 1/2 sobre royal (dicen que) un pouco de esencia de vainilla. Eu non tiña, así que non leva. TEMPO Uns 20 minutos mais ou menos PROCESO Mezclamos todos os ingredientes no vaso da batidora, ou nunha pota, ou onde queiras. Batemos. A consistencia ten que quedar máis gorda que a masa das filloas. Algo como grumoso, para que non se aplaste de todo. Eu tuven que botar unha cucharada máis de fariña. Poñemos unha tixela ó lume medio-alto, eu puxen en 5/6 da miña vitro. Non poñemos nada de grasa, aceite, margarina, nin nada de nada. A tixela ten que ser antiadherente.  Botamos un garfelado do "engrudo". Como se ...

Lasaña de calabacín, xamón e queixo

Como me sobrou algún calabacín da receta de calabacíns recheos picantes aproveitei para facer outra receta. Esta é rápida, e da pouco traballo. INGREDIENTES 1 calabacín xamón cocido queixo tipo sandwich queixo relado  TEMPO Media hora ou 40 minutos máis ou menos. PROCESO Cortamos o calabacín en láminas delgadas. Se cortas en diagonal consigues "placas" máis grandes para a "lasaña". Nunha fonte para o forno pon e extendemos un pouquiño de aceite, menos dunha cucharada. Logo, montamos as capas: calabacín, xamón cocido, queixo sandwich, calabacín, xamón codido, queixo sandwich, e repetir. Eu acabo sempre cunha de calabacín.   Por encima, queixo relado. Métese no forno a 200ºC unha media hora. Eu non o prequentei, se o fixera igual con 15-20 minutos chegaba. Tamén depende de se che gusta o calabacín máis ou menos feito, porque o que é o queixo e o xamón cocidos xa se comen fríos ;-). E así quedou cando saíu ...