Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2021

Sopa de miso (máis ou menos)

Nota a posteriori aínda que vaia de primeiro párrafo: O que eu pensei que era pasta de miso (o que me deron cando o pedín) era realmente doenjang, que non é exactamente o mesmo. Pero non vou borrar a receta, porque o proceso e o resto do material é correcto.  A sopa de miso é orixinaria de Xapón. O miso é unha pasta de soia fermentada. Hai variedades, como en todas as recetas. Aquí vai unha que penso que se acerca á máis "lexítima". Por suposto que hai quen di que é moi simple, coller dashi (caldo de peixe) e remexer pasta de miso, e hala. Pero non é o habitual.  Hai bastantes ingredientes "raros" que non se consiguen en calquera sitio. Ó final da receta poñerei ingredientes diferentes contando algo sobre eles. INGREDIENTES De esquerda a dereita e de arriba a abaixo: Alga wakame, como unha cullerada 2 ou 3 Shiitake (eu usei un deshidratado) Katsuobushi (bonito seco afumado en láminas moi finas), como unha taza. Ceboleta e allo tenro (para poñer ó final en crú) Unha...

Baba ganoush

O baba ganoush é aparentemente similar ó hummus (a miña receta aquí ), pero cambiando o ingrediente básico do hummus (garavanzos) por berenxenas. O baba ganoush máis orixinal non usa forno, queiman a berenxena directamente encima do lume (en cociña de gas, por exemplo). Disque lle da un toque afumado ou queimado que é interesante. Eu non teño cociña de gas, así que foi ó forno.   INGREDIENTES 2 Berenxenas 2-3 chulleradas sopeiras de Tahine (non está na foto dos ingredientes, pero é fundamental) Varios dentes de allo (según gustos) Limón (para relar pel e algo de zume) 1 cullerada de postre de sal 1/2 cullerada de postre de comino Aceite de oliva (1-2 culleradas)   TEMPO Unha hora ou así  para facelo, logo recomendan meter na neveira un par de horas máis. PROCESO Empeza por encender o forno para telo prequentado a 200 grados. Corta o rabiño das berenxenas, córtaas ó largo e pincha co tenedor (na pel tamén) como se ve na foto. Ponlles sal e deixa repousar 10 minutos. Isto ...

Pito con salsa de curry tailandesa amarela

  Receta bastante rápida, sabe ben (se che gusta o curry algo picante) e con poucos ingredientes, aínda que algún pode ser máis complicado de conseguir. A pasta de curry eu conseguina no super asiático (Supermercado Amigo) da Coruña. O leite de coco non me acordo... na lata algo pon 😀 pero esa atópase hoxe en día bastante fácil tamén.  Hai pasta de curry tamén colorada (pica máis) e verde (que, aínda que acabo de ler que é máis floxa, para min pica máis aínda que a colorada, ollo!). Hai outra color laranxa (panang curry) con outro tipo de sabor (mezcla sabor doce). INGREDIENTES Pito. Eu usei 2 contramuslos. Podes usar peituga (ou outra parte carnosa) pero normalmente é máis seca. 1 cullerada sopera ben chea de pasta de curry. 1 lata de leite de coco (quizás algo excesiva para só 2 contramuslos). Arroz: opcional, pero é o acompañamento habitual. Eu non usei nada de sal. Non mirei se a pasta de curry o leva, pero na miña opinión non fai falta botarllo, e eu son dos que lle gu...

Sriracha

  A Sriracha é unha salsa picante tailandesa. Orixinouse no pobo Si Racha, de aí o nome. Se entendedes inglés (ou usades subtítulos) o vídeo no que me basei eu foi este: https://www.youtube.com/watch?v=y9SFsCfxJy0 . É unha salsa interesante porque, aparte de picar (a min gústame o picante) tamén ten sabor "propio".  Non é só picor. Hai algún detalle sobre a salsa que creo que é interesante. Primeiro, que os pementos picantes deben ser vermellos (eu probei variantes, pero a Sriracha típica é vermella) e carnosos (para cando se cole quede algo espeso e non totalmente líquido). Segundo, que parece que leva moito azúcar. Realmente con tanto vinagre faille falta. INGREDIENTES 250 gramos de pementos picantes vermellos (chámalle guindilla, ají, chile...) que sexan carnosos. Eu usei uns de orixe español que atopei en Alcampo. 1 cabeza de allos grande Vinagre (eu prefiro o de arroz para esta receta) 1 cullerada de postre de sal 2 chulleradas sopeiras rasas de azúcar (realmente eu use...