INGREDIENTES
- 2 Berenxenas
- 2-3 chulleradas sopeiras de Tahine (non está na foto dos ingredientes, pero é fundamental)
- Varios dentes de allo (según gustos)
- Limón (para relar pel e algo de zume)
- 1 cullerada de postre de sal
- 1/2 cullerada de postre de comino
- Aceite de oliva (1-2 culleradas)

TEMPO
PROCESO
Empeza por encender o forno para telo prequentado a 200 grados.
Corta o rabiño das berenxenas, córtaas ó largo e pincha co tenedor (na pel tamén) como se ve na foto. Ponlles sal e deixa repousar 10 minutos. Isto é para que perdan o seu amargor.
Corta a puntiña dos allos (eu usei 3 dentes porque eran bastante grandes, ti según che guste o allo) e ponos en papel de aluminio cunha gotiña de aceite.
Despois de 10 minutos, lava as berenxenas e sécaas. Ponas nunha fonte cun pouco de sal e un chorriño de aceite. Pon tamén os allos ben envoltos no papel de aluminio.
Deixa o forno a 200ºC durante uns 45 minutos. Cando pasou ese tempo, eu deixei a fonte dentro co forno apagado.
En calquera caso, para manipular, hai que esperar a que estea o material morno ou frío. Este é o aspecto que tiña cando o saquei eu. Vese a pel dunha berenxena (non se nota nada porque é moi oscura) e as outras están ben cociñadas. Din que debe ter un toque de "queimado", pero eu non cheguei a tanto. Os allos estaban blandiños, para "pisar" co tenedor e facer un puré.
Aquí está a foto da tahina ou tahine (pasta de sésamo tostado) xunto coa carne das berenxenas.
Hai quen mete a carne de berenxena nunha batidora, e hai quen non. Eu collín un coitelo grande e piqueina bastante, pero non usei batidora.
Tamén din que hai que escurrir cun coador a carne da berenxena. Eu fíxeno, pero soltou moi pouca auga. Engadín o resto dos ingredientes: 3 culleradas de tahine, un pouco de reladura de limón e o zumo de medio, unha culleradiña de sal e media de cominos, e un par de culleradas de aceite de oliva.
Só queda revolver.
E poñer nun cazolo "máis fino" :-) e meter na neveira polo menos 2 horas.
Normalmente cómese con pan pita ou verduras. Eu optei polas verduras.
Tamén lle engadín outro pouco de aceite de oliva, e algo de merkén (un pimentón picante afumado que trouxen de Chile). Quedou así.
Comentarios
Publicar un comentario