Outra receta-non receta de mezclar e batir. O patenade é un paté de aceitunas con algún engadido, supostamente orixinario de Francia. O máis habitual (o que fixen) é de aceitunas negras, pero tamén o hai de aceitunas verdes. Esta receta é unha mestura de varias que atopei por internet, porque non hai uniformidade en absolutamente todos os ingredientes. INGREDIENTES 1 bote de aceitunas negras sen óso (eran 150g peso neto escurrido). Allo: eu tiña allo picado en aceite e usei unha cullerada de postre. Serían 2 dentes. Unha cullerada de postre de alcaparras. Media cullerada de postre de tomiño. Anchoas: eu usei 3 filetes. Zume de limón: 1-2 culleradas sopeiras (non o medín). Aceite: 2-4 culleradas sopeiras. Nota: Non se usa sal, porque entre o que traen as aceitunas e a anchoa xa vai de sobra. TEMPO Menos de 10 minutos PROCESO Poñemos todos os ingredientes no accesorio picador da batidora. Se non tes, supoño que batidora normal ou de vaso tamén sirve. De aceite bo...