Unha receta "normal"? A medias. Ó final é unha tortilla con cousas. Tiña na neveira un cacho dun brócoli e un allo porro que non quería que se perdesen, e tiña unhas patacas e un pouco de cebola codidos dunha comida anterior. E había ovos, así que ... tortilla! Aínda que xa che digo eu que para algúns amigos igual había que cambiar o brócoli por chourizo 😈. INGREDIENTES Os que teñas. Eu usei: Dúas patacas cocidas pequenas Media cebola pequena cocida Medio brócoli Un allo porro 5 ovos TEMPO 20 minutos aproximadamente. As patacas xa estaban cocidas! PROCESO Empecei por cortar e escaldar o brócoli durante 3 minutos desde que empezou a ferver (o brócoli da foto dos ingredientes xa estaba escaldado). Logo de picar todo o material, empecei por poñer na tixela, con pouco aceite, o allo porro. Despois de un par de minutos incorporei o brócoli. E despois dun minuto máis, a pataca e a cebola. Non lle botei nada de sal (ós ovos si). Salteei todo durante outros 2-3 minutos. Batín os ovo...