Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: decembro, 2023

Cebola rechea de carne picada

Un invento máis. A verdade, non é que estea mal a comida, pero non sei eu se merecerá a pena o traballo que da.  INGREDIENTES Cebolas. Eu usei unha, que era un experimento. Carne: a suficiente para encher as cebolas que uses. Na da foto, sobrou carne. Allo: eu usei un par de culleradas do que teño picado e gardado en aceite. Salsa de tomate caseira. Viño branco (non sae na foto) Sal e pementa (tampouco na foto) TEMPO Unha hora, aproximadamente. PROCESO Empezamos por pelar a cebola e facer o oco para encher coa carne. Eu usei o descorazonador ou como centella se chame que sae na foto. Con que queden 2 capas basta. Eu quizás deixei algo de máis por medo a romper a cebola. Para que ablande algo, metemos a cebola nun cazo cun dedo de auga, e a lume medio uns 10-15 minutos bastan. Mentras a cebola ablanda, pasamos algo a carne. Boteille un pouco de allo, sal e pementa negra. Pensei picar e mesturar o que saquei da cebola, pero decidín deixalo para a salsa. Deixamos que atempere algo a c...