Saltar ao contido principal

Cebola rechea de carne picada


Un invento máis. A verdade, non é que estea mal a comida, pero non sei eu se merecerá a pena o traballo que da. 

INGREDIENTES

  • Cebolas. Eu usei unha, que era un experimento.
  • Carne: a suficiente para encher as cebolas que uses. Na da foto, sobrou carne.
  • Allo: eu usei un par de culleradas do que teño picado e gardado en aceite.
  • Salsa de tomate caseira.
  • Viño branco (non sae na foto)
  • Sal e pementa (tampouco na foto)

TEMPO

Unha hora, aproximadamente.

PROCESO

Empezamos por pelar a cebola e facer o oco para encher coa carne. Eu usei o descorazonador ou como centella se chame que sae na foto. Con que queden 2 capas basta. Eu quizás deixei algo de máis por medo a romper a cebola.

Para que ablande algo, metemos a cebola nun cazo cun dedo de auga, e a lume medio uns 10-15 minutos bastan.

Mentras a cebola ablanda, pasamos algo a carne. Boteille un pouco de allo, sal e pementa negra. Pensei picar e mesturar o que saquei da cebola, pero decidín deixalo para a salsa.

Deixamos que atempere algo a carne e a cebola, e enchemos o oco apretando algo (sen pasarse, non vaia romper todo!).

A tapiña queda moi mona ☺

Para a salsa: piquei o que sacara da cebola, e engadín unha cullerada de allo picado.

Unha vez está medio pochada, botamos medio vaso de viño. O outro medio para min. Poñemos a lume alto para que evapore algo do alcol.

Botamos o tomate. Eu botei algo máis da metade do bote, uns 200 gramos.

Metemos a cebola na salsa

Poñémola a lume medio-baixo tapada durante media hora ou algo máis. Podes ir pinchando para decidir cando está o suficientemente pasada. Así a salsa tamén reduce.

E este é o resultado.

Finalmente, foto para que se vexa como quedou por dentro. Quizás fose boa idea ter botado algo de cebola polo medio da carne, pero entón collía moi pouca carne.

Estaba bastante ben, non  houbo queixa. Pero sigo pensando que unha hora de traballo para isto... non sei se compensa. Claro que cociñar media ducia da pouco máis traballo e tempo, e hai para máis xente.


 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Sopa de pescado e marisco

  Sopa de pescado e marisco. Todas as noiteboas fago unha parecida. Poden variar os ingredientes, porque esto consiste basicamente en ir cocendo cousas e metelas xuntas nunha pota, aproveitando a auga de cocelas, claro. Se en vez de usar cousas conxeladas ou de lata se usan as frescas, sabe mellor, claro ;) Esta é a lista dos ingredientes que usei este ano. Para o ano que ven, ou para ano vello se a fago, quen sabe... INGREDIENTES 1/2 Kg de berberechos 1/2 Kg de gambas peladas 8 barriñas de surimi ("palitos de cangrexo") 1/4 Kg de chipiróns 4 Cabezas de pescado (merluzas) 1 Kg de ósos de rape 1 "tronkito" de merluza 1/4 Kg de carne de mellixóns 1/4 Kg de carne de zamburiñas 1 sobre de crema de lubrigante (non atopei a de langosta) Un bote de salsa de tomate (400 g aprox.) 1 pocillo de tapioca Azafrán TEMPO Hora e media, máis ou menos PROCESO Se usas berberechos -chícaros, que se di na miña casa- con casca (recomendable porque...

Boliñas de queixo

Esta é unha especie de receta de aproveitamento, mesturada con pinchoteo. Pode facerse con queixo fresco relado, claro, pero eu fíxeno con queixo que tiña seco na nevera, que parecía un croio. Con mozarella ou gouda ou así queda derretido por dentro, co que fixen eu non. INGREDIENTES Queixo relado (aproveitando queixos varios vellos): Eran 173 g. 2 culleradas de maicena: 30 g (que quizás sobraba algo) Un ovo 2 culleradas de leite (non está na foto, foi unha adaptación porque quedou moi seco). TEMPO 20 ou 25 minutos. PROCESO Mesturamos o ovo e a maicena co queixo relado. Como este era queixo moi seco, probablemente a maicena sobraría. Hai que amasar á mau un bo cacho, e quedaba demasiado seco, así que metín un par de culleradas de leite. O aspecto final da masa é este: Compacta, seca, pero que mantén a forma. Agora toca coller cachiños e facer bolas. A min saíronme 37. E fritir. Lume alto e sen poñer demasiadas boliñas de vez para que non baixe a temperatura. Como eran pequenas, metín d...

Tortilla de sesos

É unha tortilla francesa con sesos, ou molas, ou cerebro, ou como lle queiras chamar, de cocho. Hai quen dirá: Que noxo! Pero se é de confianza (cocho matado na casa) pois eu apúntome a facela e comela. Case  era un ritual na casa o día de despedazar o cocho :) INGREDIENTES Os sesos dun cocho 2 ovos Sal e/ou pimenta ó gusto TEMPO Menos dun cuarto de hora PROCESO Primeiro hai que lavar e escocer os sesos. Ás veces quedan manchados de sangre, incluso con coágulos case negros (sobre todo desde que hai que atontar o animal co balote antes de matalo). Basta con cocelos 2 minutos ou así, é unha materia moi blanda.  Deixa templar un pouco (para non queimarte) e limpa os sesos. Mentras se cocen os sesos, podes bater os ovos, e cando estean os sesos limpos mézclaos cos ovos. Pisa co tenedor para desmigalos algo, así quedará máis homoxénea. Adereza con sal e/ou pementa ó teu gusto. E só queda facer a tortilla de forma normal. Prime...