Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo, 2024

Paté de polbo

Experimentos... sobroume un pouco de polbo cocido, e engadindo unhas cousiñas saiu un paté medio xeitoso. INGREDIENTES Polbo cocido, no meu caso uns 250 g Un ovo cocido Un iogur natural. Se tivese estilo grego teríao usado Especias: media cullerada de postre de sal, de ourego, de tomillo e algo máis de cúrcuma, e un chisco de allo moído Os bochos (a cabeza) do polbo tamén é polbo! Hai que limpala con xeito, pero vai polo medio. TEMPO Montar o paté serán cinco minutos. Se hai que cocer o ovo serán 11, se hai que cocer o pulpo serían uns 20 de cocción e outros 20 de repouso. PROCESO Complicado... Cortar o polbo e o ovo en cachos, meter todos os ingredientes na batidora, e darlle ferro! E pode meterse nunha fiambreira e para a nevera. Ou pode tostarse un pouco de pan, poñer uns adornos para a foto e logo comelo. Estaba bo!    

Queixo crema para untar

 Isto, máis que unha receta, é crear un ingrediente, pero como tamén vale para untar e comer só, pois aí vai.  INGREDIENTES 1 litro de leite enteiro. Non iba poñer publicidade, pero é leite galego, así que ó carallo. 1 limón (o seu zume) sal TEMPO Unha media hora. Logo ten que repousar varias horas na nevera. PROCESO Poñemos o leite nunha pota ó lume. Cando estea cerca de ferver, engadimos o zume do limón e deixamos a lume medio.  Podemos revolver e ver como vai callando. Despois de 5 minutos apagamos. Deixamos repousar media hora ou así.  Este era o aspecto que tiña cando apaguei o lume. Logo colamos poñendo un trapo. En teoría sería un colador e unha estameña, pero non tiña, así que usei un cesto da freidora e un trapo que humedecín. Apretamos o trapo para escurrir o soro. Quedou así. Este foi o resultado, para que se vexa canto soro hai e que pouca cantidade de queixo. Botamos no vaso da batidora, engadimos sal ó gusto, e empezamos a batir. Para que quede máis cre...