Experimentos... sobroume un pouco de polbo cocido, e engadindo unhas cousiñas saiu un paté medio xeitoso.
INGREDIENTES
- Polbo cocido, no meu caso uns 250 g
- Un ovo cocido
- Un iogur natural. Se tivese estilo grego teríao usado
- Especias: media cullerada de postre de sal, de ourego, de tomillo e algo máis de cúrcuma, e un chisco de allo moído
Os bochos (a cabeza) do polbo tamén é polbo! Hai que limpala con xeito, pero vai polo medio.
TEMPO
Montar o paté serán cinco minutos. Se hai que cocer o ovo serán 11, se hai que cocer o pulpo serían uns 20 de cocción e outros 20 de repouso.
PROCESO
Complicado...
Cortar o polbo e o ovo en cachos, meter todos os ingredientes na batidora, e darlle ferro!
E pode meterse nunha fiambreira e para a nevera.
Ou pode tostarse un pouco de pan, poñer uns adornos para a foto e logo comelo. Estaba bo!

Comentarios
Publicar un comentario