Fixen esta receta porque a vin nun vídeo deses "só cun ingrediente..." que pensei que sería outra tomadura de pelo, pero non. Vaia, auga fai falta, e eu usei algo de sal e un pouco de aceite para fritir, pero o que prima son as lentellas. Non creo que sirvan as normais. A receta que eu vin, e como as fixen, son unhas lentellas coloradas (eu creo que as atopei en Alcampo) que son bastante pequenas (máis pequenas que as pardinas) e parecen estar peladas. INGREDIENTES Lentellas coloradas. Auga para poñer a remollo Unha pizca de sal Aceite para ir "planchando" as tortas. TEMPO Aparte do remollo, eu diría que uns 5-6 minutos ou así por torta, pero non o calculei. Eu tardei unha hora máis ou menos en facer unhas 12. PROCESO Hai que poñer as lentellas a remollo unhas 8 horas. Eu deixeinas toda a noite. Como se ve nas fotos, aumentan o tamaño ó hidratarse. Pasámolas a un vaso batidor (ou batidora normal se non o tés). Aquí podes aproveitar a engadir un pouco de sal (opcion...