Vin unha receta por internet (era de atún), e a verdade é que é rápida, e queda moi ben tamén con bonito. Incluso se pode deixar preparada a parte do encebolado e rematar a parte do bonito noutro momento. INGREDIENTES 1 toro de bonito fresco (ou desconxelado) 1 cebola grande (eu usei ceboleta) 2 dentes de allo (eu usei unha cullerada de allo picado que teño en aceite) 2 follas de loureiro 1 cullerada de vinagre 1 cullerada de postre de pementón (eu usei gochugaru, koreano, non pica) 1 cullerada de postre de orégano Auga, sal, aceite e desas cousas TEMPO Media hora ou así. PROCESO Eu empecei cortando o bonito en tacos. As peles e espiñas púxenas a cocer nun cazo con auga. A lume medio en 20 minutos xa temos algo así como un caldo de peixe. De paso, salpementei os cachos de bonito. Mentras se facía o caldo seguín coa receta. Cortamos a cebola en xuliana fina. Eu non usei toda a da foto dos ingredientes, pero podía telo feito porque merma bastante. Poñemos o allo e a cebola na tixel...