Esta é unha especie de receta de aproveitamento, mesturada con pinchoteo.
Pode facerse con queixo fresco relado, claro, pero eu fíxeno con queixo que tiña seco na nevera, que parecía un croio. Con mozarella ou gouda ou así queda derretido por dentro, co que fixen eu non.
INGREDIENTES
- Queixo relado (aproveitando queixos varios vellos): Eran 173 g.
- 2 culleradas de maicena: 30 g (que quizás sobraba algo)
- Un ovo
- 2 culleradas de leite (non está na foto, foi unha adaptación porque quedou moi seco).

TEMPO
PROCESO
Mesturamos o ovo e a maicena co queixo relado. Como este era queixo moi seco, probablemente a maicena sobraría. Hai que amasar á mau un bo cacho, e quedaba demasiado seco, así que metín un par de culleradas de leite.
O aspecto final da masa é este: Compacta, seca, pero que mantén a forma.
Agora toca coller cachiños e facer bolas. A min saíronme 37.
E fritir. Lume alto e sen poñer demasiadas boliñas de vez para que non baixe a temperatura. Como eran pequenas, metín de 15 en 15.
Cando están douradas, suben algo á superficie. Neste punto sacámolas a un papel absorbente. Tardaron un minuto e medio aproximadamente.
Aquí o detalle dunha por dentro. Como se ve está seca, polo tipo de queixo. Con outros estiraría e estaría derretido.
E este é o platado final, menos un par que probei. Están boas.
Tremendas
ResponderEliminar