Hala, xa empezo a poñer nomes raros nas recetas, je je... INGREDIENTES Anillas de calamar (uns 300 gramos) Allos Cebola (ou mellor aínda ceboleta) Cenorias Setas (eu usei champiñóns portobello) Pementos Brécol Por suposto, as verduras cada un que escollas as súas. A min gústanme estas, e tamén me gustaban uns espárragos verdes que tiña na nevera pero esquencinme de botarllo, así que quedan para outra. Para darlle un toque oriental, eu utlicei salsa de peixe, salsa de soja e vinagre de arroz. Esto encontreino todo nun supermercado chino. Gracias por dicirme que o había, sobriñas! Hai que picar as verduras en cachos máis ou menos pequenos. Xa que vai ser comida tipo oriental, deberían ser dun tamaño axeitado para comer cos palillos, claro. Aquí o "truco", se se lle pode chamar, consiste en ir botando antes as verduras que tarden máis en facerse. Empezamos por dourar os allos (que non tardan máis, pero sí que ó dourarse dan un gusto especial...