
Esta receta é de miña prima... e o sargo que cociñei tamén era dela, que foi quen o pescou e mo regalou (un par deles, de feito). Gracias, prima!
INGREDIENTES
Aparte do sal, aceite, e eso que sempre se usa...- Un sargo de ración
- 3 patacas
- unha xema de ovo
- Un cachiño de manteiga ou margarina
- Leite (esqueceume poñelo na foto)

PREPARACIÓN
Primeiro hai que abrir o sargo tipo libro, de forma que quede aberto pero preso pola parte da espalda. De aí o nome da receta. Xa vedes na foto que eu son algo chapuzas para estes menesteres.Poñemos un pouco de aceite nunha tixela. Eu comprei a da foto no Ikea hai uns meses porque estaba de oferta, e é moi cómoda. Ademais fai tipo parrilla no fondo ó telo ondulado.
Para facer o puré de patacas, cocemos as patacas (bastante cocidas, anque se pasen non importa moito que son para puré :)) e pisámolas co tenedor. Se tedes pasapuré tamén vale, pero eu estou tratando de non compralo para non ter outro cacharro máis ocupando sitio na cociña.
Alguén me dixo que unha xema de ovo lle daba untuosidade e gusto, e tamén algo de manteiga ou margarina, así que foi o que lle botei.
Revolvemos todo o mejunje. Como vedes na foto, queda algo duro. Aquí é onde entra o leite, podedes ir engadindo canto queirades (a pouquiños e revolvendo ben) ata que teña a textura que queirades.
E finalmente... poñémolo no plato, e comemos. Estaba bo.
Por suposto: non ten nada que ver un sargo pescado no mar co que se compre na pescadería!
Aquí queda a foto-finish ;)
Comentarios
Publicar un comentario