Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xaneiro, 2014

Pito asado

Iba poñer "estilo miña mai", pero anque empezo facendo coma ela, ó final boto un montón de trangalladas máis. Do de miña mai queda o de "fritir na tixela, botar despois na pota cunha cebola, auga e viño". O resto dos ingredientes... mea culpa. INGREDIENTES (comemos 7 e sobrou material) Medio pito (era grande) 2 cebolas 2 dentes de allo 1 folla de loureiro Pemento verde/colorado Viño branco Aceite, auga, sal Opcional:  salsa Worcestershire (Lea Perrins) Opcional: patacas, se as queres de guarnición Para adubar o pito usei: 2 dentes de allo Perexil  Estragón Brandy Media guindilla verde Salsa de soja Vinagre de arroz, Aceite Sal Pimentón dulce Brandy TEMPO 1 hora aprox. PROCESO A noite anterior adubei o pito. Empecei por trocealo e regalo cun bo chorro de brandy, e revolvino ben. Como estes Reis me regalaron un accesorio picador para a batidora, pois en vez de usar un morteiro, usei unha picadora.  ...

Lentellas fáciles

Cando ía empezar a carreira sabía menos de cociñar que os nosos políticos de ética... así que miña irmá deume unhas leccións rápidas. Como as lentellas sempre me gustaron moito, pois deume un método que se resume en "coce todo xunto, fai un rustrido, e a comer". E salen macanudas. INGREDIENTES Aquí hai variacións. Estes ingredientes foi os que usei o outro día, pero podes probar con variación de carnes e/ou verduras. 1 Kg de lentellas (ou lentejas, joder que mal sona o da elle) 1/2 cebola 1 cenoria un pouco de calabaza 1 pataca 1 chourizo e medio Un pouco de lacón curado 3 follas de loureiro 2 dentes de allo 1 cullerada de pimentón dulce Sal, auga, aceite, vinagre opcional. TEMPO Unha hora PROCESO Con estes ingredientes sae unha pota para 10 máis ou menos. Reduce se non sodes tantos ou non queres comer lentellas toda a semana ;) Empezamos por picar toda a carne e a verdura. Bueno, o loureiro non o piques. E as lentellas tampouco, jeje. Os ...