Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro, 2014

Garbanzos con maruca e espinacas

  Normalmente esta receta é con bacallau, pero eu atopei a maruca a bo precio, así que o fixen con maruca. INGREDIENTES Garbanzos (300 ou 400 gramos) Maruca (uns 300 gramos) Espinacas  2 ou 3 patacas pequenas aceie, allo e pimento dulce para un rustrido. TEMPO Sumando o que tardei, supoño que unha hora e cuarto aprox. PROCESO Esta receta require "pre" proceso. Hai que poñer os garbanzos a remollo a noite anterior, e hai que desalar a maruca. Esto pode tardar un día, ou 2, ou máis, dependendo do salado que estivera, do gordos que sexan os cachos, de se o facemos a temperatura ambiente ou na nevera... daría para unha novela. O que eu fixen foi con cachos relativamente delgados, e tívena desalando algo así como un día, cambiando de auga un par de veces. E picaba un pouquiño ó sal. E como facer o resto... pois normalmene dunha vez, pero eu fíxeno en dúas, con algúns sustos polo medio. Vamos, que saliu de milagro. Como xa tiña os garbanzos a re...

Pizza

  Pizza, si. Pero caseira. Facéndoo case todo, claro. Di miña nai que estas merdas non lle gustan, pero ela fala das conxeladas do súper. Estas son outra cousa. INGREDIENTES Para a masa: Fariña (250 g ou así) Levadura de panadería (non a pesei, ocuparía unha cucharada do café ben chea) Sal, auga, aceite de oliva. Para poñer por encima: Tomate frito Queixo para relar Tomate (eu usei tomate pera) natural Xamón curado Xamón cocido Mortadela Aceiunas Orégano (moi importante! anque non sae na foto) TEMPO  Media hora escasa. PROCESO Primeiro hai que facer a masa. Non saquei fotos, pero eu fixen case igual que para facer a empanada de carne ou incluso a de pan . Logo hai que ir estirándoa, mellor se podes ir facéndoo xirando a masa e estirando pouco a pouco. Eu, como non podía facer a pizza redonda (polo tamaño e a fonte que ía usar) pois acabei usando o rodillo para estirar. De todas formas, anque sabía ben, a masa non fo...