Saltar ao contido principal

Garbanzos con maruca e espinacas

 

Normalmente esta receta é con bacallau, pero eu atopei a maruca a bo precio, así que o fixen con maruca.

INGREDIENTES

  • Garbanzos (300 ou 400 gramos)
  • Maruca (uns 300 gramos)
  • Espinacas 
  • 2 ou 3 patacas pequenas
  • aceie, allo e pimento dulce para un rustrido.

TEMPO

Sumando o que tardei, supoño que unha hora e cuarto aprox.


PROCESO

Esta receta require "pre" proceso. Hai que poñer os garbanzos a remollo a noite anterior, e hai que desalar a maruca. Esto pode tardar un día, ou 2, ou máis, dependendo do salado que estivera, do gordos que sexan os cachos, de se o facemos a temperatura ambiente ou na nevera... daría para unha novela. O que eu fixen foi con cachos relativamente delgados, e tívena desalando algo así como un día, cambiando de auga un par de veces. E picaba un pouquiño ó sal.

E como facer o resto... pois normalmene dunha vez, pero eu fíxeno en dúas, con algúns sustos polo medio. Vamos, que saliu de milagro.

Como xa tiña os garbanzos a remollo, pero aínda non tiña a maruca desalada (foi medio improvisación), pois cocín os garbanzos. Según din, hai que poñelos en auga quente, e así o fixen. Deixei que levantaran a fervedura, puxen a lume medio-baixo e funme ver unha película. Cando volvín pola cociña (correndo) porque me esquecera, pasaran uns 40-45 minutos. Non estaban queimados, e estaban cocidos, así que apaguei e deixeinos na pota, para continuar ó día seguinte.

Para acabar a receta, casquei as patacas (en vez de cortalas co coielo, para que solten máis fécula), cortei en cachos medianos/pequenos a maruca, e piquei tamén un bo ramo de espinacas frescas. Puxen espinacas frescas porque as atopei, pero tamén teño cociñado con conxeladas (esas que venen en bloques) e tamén saben ben.



Collemos a pota onde estaban os garbanzos cocidos, poñémola ó lume e cando empece a ferver botamos as patacas e as espinacas.


Cinco minutos despois, podemos botar a maruca.

Deixamos que coza uns 15 minutos a lume medio. Para rematar, facemos un rustrido: poñemos allo picado en aceite, cando estea dourado botamos unha chucharada de pimento dulce, e apartamos. A min gústame botarlle un chorro de vinagre (creo que me gusta porque se pon a fumear e facer ruído, pero iso é aparte...). Non hai fotos do rustrido, só do allo dourándose, pero tampouco ten moito misterio.

Botamos o rustrido na pota, revolvemos, e deixamos que coza un par de minutos máis. Podemos pinchar unha pataca. Se está cocida, o resto vale.


E finalmente, botamos no plato e comemos. Estaba bo, e deu para repetir. E requente sabía igual de ben (ou mellor!)


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Sopa de pescado e marisco

  Sopa de pescado e marisco. Todas as noiteboas fago unha parecida. Poden variar os ingredientes, porque esto consiste basicamente en ir cocendo cousas e metelas xuntas nunha pota, aproveitando a auga de cocelas, claro. Se en vez de usar cousas conxeladas ou de lata se usan as frescas, sabe mellor, claro ;) Esta é a lista dos ingredientes que usei este ano. Para o ano que ven, ou para ano vello se a fago, quen sabe... INGREDIENTES 1/2 Kg de berberechos 1/2 Kg de gambas peladas 8 barriñas de surimi ("palitos de cangrexo") 1/4 Kg de chipiróns 4 Cabezas de pescado (merluzas) 1 Kg de ósos de rape 1 "tronkito" de merluza 1/4 Kg de carne de mellixóns 1/4 Kg de carne de zamburiñas 1 sobre de crema de lubrigante (non atopei a de langosta) Un bote de salsa de tomate (400 g aprox.) 1 pocillo de tapioca Azafrán TEMPO Hora e media, máis ou menos PROCESO Se usas berberechos -chícaros, que se di na miña casa- con casca (recomendable porque...

Boliñas de queixo

Esta é unha especie de receta de aproveitamento, mesturada con pinchoteo. Pode facerse con queixo fresco relado, claro, pero eu fíxeno con queixo que tiña seco na nevera, que parecía un croio. Con mozarella ou gouda ou así queda derretido por dentro, co que fixen eu non. INGREDIENTES Queixo relado (aproveitando queixos varios vellos): Eran 173 g. 2 culleradas de maicena: 30 g (que quizás sobraba algo) Un ovo 2 culleradas de leite (non está na foto, foi unha adaptación porque quedou moi seco). TEMPO 20 ou 25 minutos. PROCESO Mesturamos o ovo e a maicena co queixo relado. Como este era queixo moi seco, probablemente a maicena sobraría. Hai que amasar á mau un bo cacho, e quedaba demasiado seco, así que metín un par de culleradas de leite. O aspecto final da masa é este: Compacta, seca, pero que mantén a forma. Agora toca coller cachiños e facer bolas. A min saíronme 37. E fritir. Lume alto e sen poñer demasiadas boliñas de vez para que non baixe a temperatura. Como eran pequenas, metín d...

Tortilla de sesos

É unha tortilla francesa con sesos, ou molas, ou cerebro, ou como lle queiras chamar, de cocho. Hai quen dirá: Que noxo! Pero se é de confianza (cocho matado na casa) pois eu apúntome a facela e comela. Case  era un ritual na casa o día de despedazar o cocho :) INGREDIENTES Os sesos dun cocho 2 ovos Sal e/ou pimenta ó gusto TEMPO Menos dun cuarto de hora PROCESO Primeiro hai que lavar e escocer os sesos. Ás veces quedan manchados de sangre, incluso con coágulos case negros (sobre todo desde que hai que atontar o animal co balote antes de matalo). Basta con cocelos 2 minutos ou así, é unha materia moi blanda.  Deixa templar un pouco (para non queimarte) e limpa os sesos. Mentras se cocen os sesos, podes bater os ovos, e cando estean os sesos limpos mézclaos cos ovos. Pisa co tenedor para desmigalos algo, así quedará máis homoxénea. Adereza con sal e/ou pementa ó teu gusto. E só queda facer a tortilla de forma normal. Prime...