
Pizza, si. Pero caseira. Facéndoo case todo, claro. Di miña nai que estas merdas non lle gustan, pero ela fala das conxeladas do súper. Estas son outra cousa.
INGREDIENTES
Para a masa:
- Fariña (250 g ou así)
- Levadura de panadería (non a pesei, ocuparía unha cucharada do café ben chea)
- Sal, auga, aceite de oliva.
- Tomate frito
- Queixo para relar
- Tomate (eu usei tomate pera) natural
- Xamón curado
- Xamón cocido
- Mortadela
- Aceiunas
- Orégano (moi importante! anque non sae na foto)
TEMPO
Media hora escasa.PROCESO
Primeiro hai que facer a masa. Non saquei fotos, pero eu fixen case igual que para facer a empanada de carne ou incluso a de pan.
Logo hai que ir estirándoa, mellor se podes ir facéndoo xirando a masa e estirando pouco a pouco. Eu, como non podía facer a pizza redonda (polo tamaño e a fonte que ía usar) pois acabei usando o rodillo para estirar.
De todas formas, anque sabía ben, a masa non foi o mellor ... teño que practicar algo máis, para que me saia o borde máis gordo e esponxoso. Xa veremos.
Unha vez teñas a masa estirada, pona en papel de forno xa na bandexa, e a meter ingredientes.
Empeza polo tomate frito. Eu neste caso collín un de oferta do Lidl e estaba bastante ben. E eu prefiro par estas cousas o tomate frito xa feito que a salsa de tomate natural que fago eu. Eh, para unha cousa que non é natural non me protesten!
Ah, podes poñer a prequentar o forno a uns 220ºC.
Relamos o queixo encima. Hai quen o pon en cachos, pero eu usei un semicurado e se o poño en cachos non da derretido. Se pós un pouco curado, ou cremoso, ou a mozzarella de búfala (que é o que orixinalmente usaban, creo) podes poñer cachos máis grandes.
Eu continuei poñendo unhas rodaxas finas de tomate pera. Primeiro pensei que non me ía gustar co tomate así, pero logo sorprendeume do que me gustou. Botei tamén cachos de xamón cocido.
Seguín botando uns cachos de xamón crudo, uns cachos de mortadela con aceitunas, e unhas aceitunas verdes sen óso. Tiña a tentación de poñelas con óso, pero sen el xa comes todo e hai menos lío.
Remata cunha boa cantidade de orégano por encima.
Xa case acabamos. Mete a pizza no forno. Deixa que se cociñe a 220ºC durante uns 20 ou 25 minutos (podes ir mirando o aspecto).
Cando a saquei tiña este aspecto.
Pois a comer! Un pouco de ensalada para acompañar, e listo!
Comentarios
Publicar un comentario