Saltar ao contido principal

Tajine de coello con verduras

O tajine, ou tagine (pronunciado "tayín") é un recipiente para cociñar típico de Marruecos e zonas cercanas. Como pasa coa paella, ó final o nome do plato é o mesmo que o nome do cacharro, así que hai moitos "tajine de ...". 

Este é de coello, ou conexo como dicimos na miña casa. 

O tajine úsase para coccións lentas. Cando se tapa, a min dame a impresión que o resultado que produce é unha mezcla de forno normal e forno de vapor. A comida queda normalmente blanda, ben feita, pero mantense jugosa.

INGREDIENTES

  • Un coello
  • Unha cebola
  • 3 zanahorias
  • un pimento
  • 2 dentes de allo
  • medio calabacín 
  • unha pataca
  • medio limón (non está na foto dos ingredientes)
  • especias: Aquí hai un cento de variantes. Eu usei sal, jengibre en polvo, pimenta blanca, "Ras el hanout", semillas de mostaza(que tampouco están na foto)
 

TEMPO

 2 horas ou máis

PROCESO

Troceamos o coello, que imos marinar nas especias.


Logo, preparamos as especias. Aquí, como dicía, hai moita variedade. Eu pasei por un supermercado oriental e teño (demasiada?) variedade de especias na casa, así que usei sal, pimenta blanca, semillas de mostaza, e Ras el Hanout, que é unha mezcla de especias con certa similitude ó curry e, igual que o curry, non ten unha receta única. Botei máis ou  menos unha cucharilla de café de cada cousa.


Logo, engadimos un vaso de auga, mezclamos, e poñemos o coello a marinar.

Aproveitamos para laminar os allos, sacar catro ou cinco rodaxas de limón, e picar o resto das verduras. Ese tempo é máis ou menos suficiente para o marinado do coello (aínda que hai quen o deixa de un día para outro, pero eu creo que así colle demasiado sabor).

Quedou chula a foto das verduras picadas, eh? Que ben me organizo... cando quero.

Poñemos unha cucharada sopeira de aceite no fondo do tajine, e douramos o coello. Recomendo secalo ou escurrilo ben se non queredes armar unha festa de salpicaduras co aceite quente. 

Importante: Hai que reservar a auga do marinado.

Eu a verdade é que non o dourei demasiado (hai versións tipo "olla fría" onde non se doura a carne).

Retirei o coello cando tiña este aspecto.

Unha vez retirado o coello, botamos os allos laminados, que douren un pouco, e logo o pimento verde e a cebola.


Sen esperar máis, volvemos a poñer o coello na pota...


... e o resto da verdura.



Finalmente, regamos coa auga especiada de marinar o coello. Nunha receta vin que engadían outro vaso de auga, e fíxeno, pero logo tiver que retirar parte dela, porque ó cociñar tapado apenas perde líquido. Así que eu recomendo non engadir máis auga.


Poñemos tamén unhas rodaxas de limón. É impresionante o toque que lle da ó plato!

Tapamos o tajine, baixamos o lume (eu tíñao no 2 sobre 6 da miña vitrocerámica)


Aquí hai varias fotos de como queda na pota, despois de case dúas horas de cocción lenta.



Finalmente, para o plato, e para o estómago.

Supoño que se pode cociñar igual en calquera pota que tape ben, pero usar o tajine ten o seu chiste, e así agradecín o regalo :-)

Estaba moi bo!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Sopa de pescado e marisco

  Sopa de pescado e marisco. Todas as noiteboas fago unha parecida. Poden variar os ingredientes, porque esto consiste basicamente en ir cocendo cousas e metelas xuntas nunha pota, aproveitando a auga de cocelas, claro. Se en vez de usar cousas conxeladas ou de lata se usan as frescas, sabe mellor, claro ;) Esta é a lista dos ingredientes que usei este ano. Para o ano que ven, ou para ano vello se a fago, quen sabe... INGREDIENTES 1/2 Kg de berberechos 1/2 Kg de gambas peladas 8 barriñas de surimi ("palitos de cangrexo") 1/4 Kg de chipiróns 4 Cabezas de pescado (merluzas) 1 Kg de ósos de rape 1 "tronkito" de merluza 1/4 Kg de carne de mellixóns 1/4 Kg de carne de zamburiñas 1 sobre de crema de lubrigante (non atopei a de langosta) Un bote de salsa de tomate (400 g aprox.) 1 pocillo de tapioca Azafrán TEMPO Hora e media, máis ou menos PROCESO Se usas berberechos -chícaros, que se di na miña casa- con casca (recomendable porque...

Boliñas de queixo

Esta é unha especie de receta de aproveitamento, mesturada con pinchoteo. Pode facerse con queixo fresco relado, claro, pero eu fíxeno con queixo que tiña seco na nevera, que parecía un croio. Con mozarella ou gouda ou así queda derretido por dentro, co que fixen eu non. INGREDIENTES Queixo relado (aproveitando queixos varios vellos): Eran 173 g. 2 culleradas de maicena: 30 g (que quizás sobraba algo) Un ovo 2 culleradas de leite (non está na foto, foi unha adaptación porque quedou moi seco). TEMPO 20 ou 25 minutos. PROCESO Mesturamos o ovo e a maicena co queixo relado. Como este era queixo moi seco, probablemente a maicena sobraría. Hai que amasar á mau un bo cacho, e quedaba demasiado seco, así que metín un par de culleradas de leite. O aspecto final da masa é este: Compacta, seca, pero que mantén a forma. Agora toca coller cachiños e facer bolas. A min saíronme 37. E fritir. Lume alto e sen poñer demasiadas boliñas de vez para que non baixe a temperatura. Como eran pequenas, metín d...

Ensalada de cochayuyo

Outro invento, de orixe chileno. O cochayuyo ( Durvillaea antárctica ) é unha alga do pacífico que parece ser que se come habitualmente en Chile (aínda que eu non o vin en ningunha carta de restaurantes). Véndese nunha especie de mollos deshidratados que pesan moi pouco (cento e pico gramos) que hai que hidratar e cocer, e úsase habitualmente en ensaladas, ceviches e  cazuelas , entre outras recetas.  Ten moi pouco sabor (sobre todo se o coces sin sal) e unha textura medio xelatinosa e algo similar á punta da orella de cocho cocida, algo triscante (depende do que o cozas, claro). O máis difícil da receta igual foi conseguir o cochayuyo. Eu aproveitei unha viaxe a Chile ☺. INGREDIENTES Cochayuyo, claro. Eu usei como un cuarto do paquete seco, que deben ser 40 ou 50g aprox (na foto xa está hidratado, e usei a metade do que se ve). Cebola, pode ser colorada ou branca, eu usei media ceboleta escasa 1 tomate Medio pemento colorado e medio verde 1 Zanahoria Unhas follas de cilantro ...