Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2018

Quiche Lorraine (Quiche de bacon, facendo tamén a masa quebrada)

  Quiche ou tartaleta, salada neste caso. Parece que a orixinal, a quiche Lorraine, ten orixe en Francia, e é de bacon. Hai quen a fai comprando a masa quebrada (normalmente chámanlle tamén masa ou pasta "Brisa" ou "Brise"), pero a miña idea era facer toda a receta: a masa quebrada, e logo o quiche. Poden facerse variantes cambiando o bacon por outras cousas, metendo verduras por exemplo. Para o recheo tamén se usa normalmente nata de cociñar, pero eu utilicei leite evaporado. Xa de experimentar... Por certo, que o quiche pode comerse tanto quente como frío. É unha ventaxa interesante! INGREDIENTES Os ingredientes son para 4 ou 5 persoas, dependendo da fame e de se hai algo de guarnición.   Para a masa quebrada: 250 g de fariña 150 g de manteiga 1 ovo  unha pizca de sal Auga (opcional, un par de culleradas se queda seca; eu non a usei)     Para o recheo: 3 ovos 150 g de bacon 100 g de queixo relado 1/2 litro de leite evap...

Gambas ó allo con espagueti de calabacín

Receta fácil e rápida se tes con que relar os calabacíns para facer os espaguetis. A min saírone máis ben uns medio macarróns, porque usei o accesorio de relar da batidora, pero tiven que cortar ó medio o calabacín e así non saen espaguetis algo longos. INGREDIENTES Gambas, uns 200 gr. Eu usei das conxeladas 2 dentes de allo Unha guindilla Orégano (igual podía omitirse, ou engadir outras especias Tamén usei (non sae na foto) unha pizca de pemento doce e un pouco de queixo relado. TEMPO Media hora máis ou menos PROCESO Relamos o calabacín e fileteamos o allo. Aquí hai varios métodos: co coitelo (levaría máis tempo, e ó mellor sae máis gordo), con accesorio relador (o que fixen eu, e como dixen ó non coller ben o calabacín tiven que cortalo ó medio lonxitudinalmente, e saíron cachos cortos), co pelador de patacas (sae máis ben fetuchini ☺) ou con accesorios especiais como un espiralizador, que parece un afilalápices onde metes o calabacín e saen espaguetis lar...