Quiche ou tartaleta, salada neste caso. Parece que a orixinal, a quiche Lorraine, ten orixe en Francia, e é de bacon. Hai quen a fai comprando a masa quebrada (normalmente chámanlle tamén masa ou pasta "Brisa" ou "Brise"), pero a miña idea era facer toda a receta: a masa quebrada, e logo o quiche. Poden facerse variantes cambiando o bacon por outras cousas, metendo verduras por exemplo. Para o recheo tamén se usa normalmente nata de cociñar, pero eu utilicei leite evaporado. Xa de experimentar... Por certo, que o quiche pode comerse tanto quente como frío. É unha ventaxa interesante! INGREDIENTES Os ingredientes son para 4 ou 5 persoas, dependendo da fame e de se hai algo de guarnición. Para a masa quebrada: 250 g de fariña 150 g de manteiga 1 ovo unha pizca de sal Auga (opcional, un par de culleradas se queda seca; eu non a usei) Para o recheo: 3 ovos 150 g de bacon 100 g de queixo relado 1/2 litro de leite evap...