INGREDIENTES Para cocer Unha ala de raia Patacas Cebola Sal Para a allada (parte deles non están na foto) Allos Aceite Pementón doce Unto (opcional) Guindilla (opcional) Vinagre (opcional) TEMPO: Uns 25 minutos PROCESO: Pelamos e picamos as patacas (eu fixen rodas) e a cebola e poñemos a cocer. Eu utilicei media ceboleta porque non tiña máis. De ter, usaría unha cebola grande ou 2 pequenas. Apuntamos cando empeza a ferver porque ós 12 minutos ou así hai que engadir a raia. Partimos a raia en catro cachos e imos preparando o tema para facer a allada. Podemos botarlle xa un pouco de sal á raia. Hai a quen lle gusta con pementa tamén, pero eu decidín non botarlla. Botamos algo de aceite nunha tixela e poñemos o allo, a guindilla se nos gusta, e o unto. Eu utilicei allo con guindilla que tiña nun bote, xa picado e macerando en aceite (e usei parte do aceite do bote). Persoalmente, nunca usara antes unto nunha allada (nin o vira, pero revisando algunha...