O plato é medio estranxeiro raro, porque o curry é tailandés, pero o cuscús é máis ben moruno, e o peixe era galego. Pero a mestura con queda mal.
INGREDIENTES
- Peixe. Eu usei 1 toro de corvina e 2 de pescada.
- Caldo ou auga. Eu usei auga de cocer chícaros (berberechos).
- Pasta de curry tailandés.
- Unha ceboleta
- Allo. Eu usei algo de allo mesturado con guindilla en aceite que fixera eu.
- Cuscús precocido.
- Sal e aceite (que non saen na foto).
TEMPO
Uns 25 minutos (os que pasaron entre a primeira e a última foto)
PROCESO
Empezamos por poñer a tixela ó lume cun pouco de aceite e o allo coa guindilla.
Mentras quence, poñemos o cuscús nun bol e picamos a ceboleta en xuliana.
Cando o allo doure un pouco, botamos a ceboleta e un pouco de sal para que vaia suando. Poñemos a lume medio para que non se queime.
Fervemos auga (máis ou menos o mesmo volume que de cuscús), botámolo no cuscús e tapamos cun papel film. Hai xente que lle bota manteiga, ou aceite, ou pocha unhas verduras (cebola, pemento etc.) para mesturar co curry, pero como eu vou ter salsa, simplemente o hidratei. NON lle botei sal.
Cando ceboleta estea medio blanda, engadimos o curry. Na foto vese a cantidade que botei, algo así como unha cullerada sopeira.
Seguindo a lume medio, imos revolvendo no curry e aplastando contra o fondo para ir desfacendo o pegote. Veremos que o propio curry vai soltando tamén o seu aceite.
Despois duns minutos (2 ou 3) movendo, botamos o líquido. No meu caso era a auga de cocer os chícaros ou berberechos, pero serviría tamén auga. Moitas veces o curry tailandés fano con leite de coco, pero eu cheguei á conclusión de que o fai demasiado pastoso e demasiado doce, así que prefiro non usalo.
E finalmente engadimos o peixe (saleino un pouco antes).
A lume medio, ou alto (depende do líquido que botes e de se queres que a salsa quede máis ou menos líquida) cociñamos o peixe. Dámoslle a volta de vez en cando (ou unha vez soa se prefires). Eu cociñeino aproximadamente 15 minutos.
E xa está. Destapamos o curry, revolvemos un pouco para desapelmazar e botámolo no prato. Logo poñemos o peixe e salseamos. Non estaba mal de todo, non 😋
Comentarios
Publicar un comentario