Saltar ao contido principal

Mexillóns con pasta de curry tailandés

a

A receta ocorréuseme sen mirar por ningún sitio, pero despois busquei por internet e é unha receta tailandesa. Así que non inventei nada, pero están bos. Iso sí, poida que piquen algo (dependería tamén do tipo de curry usado).

INGREDIENTES

  • Mexillóns. Eu usei 1 K
  • Pasta de curry thai, como unha cullerada sopeira
  • Unha lata de leite de coco
  • Media ceboleta
  • 2 dentes de allo aprox. Eu usei unha cullerada dun allo que tiña picado e en aceite.
  • Medio vaso de viño branco
  • Aceite
  • Sal
     

 

TEMPO

Media hora máis ou menos. Os mexillóns cocen en 4 minutos, a salsa co curry depende do que lle queiras deixar.

PROCESO

Aínda que hai xente que abre os mexillóns na salsa do curry, eu prefereín facelo por separado.Así, se ves algún mexillón que non abre ou ten mala pinta, pode retirarse.

Así que primeiro cocín os mexillóns, botando medio vaso de viño branco (nada de auga). Desde que levanta a fervedura, un non chegou a catro minutos (tamén se ve se están abertos ou non). Unha vez cocidos, esperei que enfriaran algo aproveitei para colar a auga de cocción (cunha manga do café, que hai area moi fina polo medio).


Na seguinte foto vese a auga de cocer, a cantidade de pasta de curry que usei, e a textura do leite de coco. Este era do Mercadona, cun 91% de coco, pero probablemente fora mellor un algo "peor" con menos contido, menos denso. De todas formas só usei un pouco máis de medio bote.


Para o curry: piquei menuda unha ceboleta. Puxen na tixela unha cullerada de allo picado que teño nun bote con aceite, a ceboleta, e un pouco de sal para que "sude". A lume medio baixo (5 sobre 9 na miña indución). Aproveitei para deixar os mexillóns cunha casca nada máis.

 

Unha vez que o allo está un pouco dourado e a cebola algo pochada, boto a pasta de curry e vou aplastantdo cunha culler de madeira para ir desfacéndoo.


 

Cando tes este aspecto máis ou menos (uns cinco minutos despois) pode xa botarse o leite de coco.


Pois iso, botei o leite de coco (medio bote aprox) e como dúas ou tres culleradas sopeiras da auga de cocer os mexillóns. Non botei máis porque se non quedaría demasiado salado.

Déixase cocer a lume medio ata que teña a espesura que apeteza. Eu teríaos algo así como 15 minutos despois de engadir o coco. Ó final eu subín algo máis o lume para apurar este proceso.
E só queda colocar os mexillóns nun prato...
... e ir botanto culleradas de curry por enriba.

Ó final fixen como tres capas, e quedou tal que así. Poden comerse de quentes ou deixar que enfríen, pero a min gústanme máis de quentes.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Sopa de pescado e marisco

  Sopa de pescado e marisco. Todas as noiteboas fago unha parecida. Poden variar os ingredientes, porque esto consiste basicamente en ir cocendo cousas e metelas xuntas nunha pota, aproveitando a auga de cocelas, claro. Se en vez de usar cousas conxeladas ou de lata se usan as frescas, sabe mellor, claro ;) Esta é a lista dos ingredientes que usei este ano. Para o ano que ven, ou para ano vello se a fago, quen sabe... INGREDIENTES 1/2 Kg de berberechos 1/2 Kg de gambas peladas 8 barriñas de surimi ("palitos de cangrexo") 1/4 Kg de chipiróns 4 Cabezas de pescado (merluzas) 1 Kg de ósos de rape 1 "tronkito" de merluza 1/4 Kg de carne de mellixóns 1/4 Kg de carne de zamburiñas 1 sobre de crema de lubrigante (non atopei a de langosta) Un bote de salsa de tomate (400 g aprox.) 1 pocillo de tapioca Azafrán TEMPO Hora e media, máis ou menos PROCESO Se usas berberechos -chícaros, que se di na miña casa- con casca (recomendable porque...

Boliñas de queixo

Esta é unha especie de receta de aproveitamento, mesturada con pinchoteo. Pode facerse con queixo fresco relado, claro, pero eu fíxeno con queixo que tiña seco na nevera, que parecía un croio. Con mozarella ou gouda ou así queda derretido por dentro, co que fixen eu non. INGREDIENTES Queixo relado (aproveitando queixos varios vellos): Eran 173 g. 2 culleradas de maicena: 30 g (que quizás sobraba algo) Un ovo 2 culleradas de leite (non está na foto, foi unha adaptación porque quedou moi seco). TEMPO 20 ou 25 minutos. PROCESO Mesturamos o ovo e a maicena co queixo relado. Como este era queixo moi seco, probablemente a maicena sobraría. Hai que amasar á mau un bo cacho, e quedaba demasiado seco, así que metín un par de culleradas de leite. O aspecto final da masa é este: Compacta, seca, pero que mantén a forma. Agora toca coller cachiños e facer bolas. A min saíronme 37. E fritir. Lume alto e sen poñer demasiadas boliñas de vez para que non baixe a temperatura. Como eran pequenas, metín d...

Tortilla de sesos

É unha tortilla francesa con sesos, ou molas, ou cerebro, ou como lle queiras chamar, de cocho. Hai quen dirá: Que noxo! Pero se é de confianza (cocho matado na casa) pois eu apúntome a facela e comela. Case  era un ritual na casa o día de despedazar o cocho :) INGREDIENTES Os sesos dun cocho 2 ovos Sal e/ou pimenta ó gusto TEMPO Menos dun cuarto de hora PROCESO Primeiro hai que lavar e escocer os sesos. Ás veces quedan manchados de sangre, incluso con coágulos case negros (sobre todo desde que hai que atontar o animal co balote antes de matalo). Basta con cocelos 2 minutos ou así, é unha materia moi blanda.  Deixa templar un pouco (para non queimarte) e limpa os sesos. Mentras se cocen os sesos, podes bater os ovos, e cando estean os sesos limpos mézclaos cos ovos. Pisa co tenedor para desmigalos algo, así quedará máis homoxénea. Adereza con sal e/ou pementa ó teu gusto. E só queda facer a tortilla de forma normal. Prime...