Saltar ao contido principal

Sopas de allo


Din que "cuando el grajo vuela bajo, hace un frío del carajo y hay que comer sopas de ajo". Pois iso.
Foi un experimento, era a primeira vez que as facía, e serán mellorables, pero a idea é esta.

INGREDIENTES

  • Allo. Por suposto ☺. Eu debín usar media cabeza.
  • Pan duro de varios días
  • Tacos de xamón
  • Pementón (doce ou picante ou mestura)
  • 2 ovos
  • Caldo ou auga
  • Aceite


TEMPO

Media hora aproximadamente

PROCESO

Eu empecei por tostar algo o pan duro. Probablemente non fixera falta, pero púxeno uns 5 minutos no forno a tope (o meu da 275ºC).


Picamos o allo e botámolo na pota cun pouco de aceite

Deixamos que se doure un pouco.


E engadimos os taquiños de xamón. No meu caso eran frebas máis ou menos grandes peladas do óso, non fan falta lonxas decentes. Ah, e encima o meu era lacón, non xamón.


Desde que o allo estea xa dourado e o xamón/lacón algo pasado, engadimos o pan. 

Engadimos o pementón.


Dámoslle unhas voltas para que o pementón vaia por todo o pan. 


Non esperamos moito, que o pementón quéimase rápido. E engadimos o caldo. Pode ser auga, pero no meu caso foi feito co óso do lacón de onde viñeron as frebas. Xa estaba bo o caldo só, case non lle facía falta nin o allo nin nada.


Por certo, que para a cantidade de caldo igual foi moito pan. Batemos os ovos e para a pota. Hai quen os escalfa, sen batir. Din que "un ovo por persoa". Eu botei 2 e probablemente lle chegara un, porque espesou bastante.


Revolvemos, deixamos cocer un par de minutos (co calor residual o ovo xa se acaba de cocer).


E para o prato, e a papar. Quedou así. Bastante espeso, pero de sabor moi bo. Haberá que repetir pero con máis líquido ou menos sólido, para que quede máis "tipo sopa".



Comentarios

Publicacións populares deste blog

Sopa de pescado e marisco

  Sopa de pescado e marisco. Todas as noiteboas fago unha parecida. Poden variar os ingredientes, porque esto consiste basicamente en ir cocendo cousas e metelas xuntas nunha pota, aproveitando a auga de cocelas, claro. Se en vez de usar cousas conxeladas ou de lata se usan as frescas, sabe mellor, claro ;) Esta é a lista dos ingredientes que usei este ano. Para o ano que ven, ou para ano vello se a fago, quen sabe... INGREDIENTES 1/2 Kg de berberechos 1/2 Kg de gambas peladas 8 barriñas de surimi ("palitos de cangrexo") 1/4 Kg de chipiróns 4 Cabezas de pescado (merluzas) 1 Kg de ósos de rape 1 "tronkito" de merluza 1/4 Kg de carne de mellixóns 1/4 Kg de carne de zamburiñas 1 sobre de crema de lubrigante (non atopei a de langosta) Un bote de salsa de tomate (400 g aprox.) 1 pocillo de tapioca Azafrán TEMPO Hora e media, máis ou menos PROCESO Se usas berberechos -chícaros, que se di na miña casa- con casca (recomendable porque...

Boliñas de queixo

Esta é unha especie de receta de aproveitamento, mesturada con pinchoteo. Pode facerse con queixo fresco relado, claro, pero eu fíxeno con queixo que tiña seco na nevera, que parecía un croio. Con mozarella ou gouda ou así queda derretido por dentro, co que fixen eu non. INGREDIENTES Queixo relado (aproveitando queixos varios vellos): Eran 173 g. 2 culleradas de maicena: 30 g (que quizás sobraba algo) Un ovo 2 culleradas de leite (non está na foto, foi unha adaptación porque quedou moi seco). TEMPO 20 ou 25 minutos. PROCESO Mesturamos o ovo e a maicena co queixo relado. Como este era queixo moi seco, probablemente a maicena sobraría. Hai que amasar á mau un bo cacho, e quedaba demasiado seco, así que metín un par de culleradas de leite. O aspecto final da masa é este: Compacta, seca, pero que mantén a forma. Agora toca coller cachiños e facer bolas. A min saíronme 37. E fritir. Lume alto e sen poñer demasiadas boliñas de vez para que non baixe a temperatura. Como eran pequenas, metín d...

Tortilla de sesos

É unha tortilla francesa con sesos, ou molas, ou cerebro, ou como lle queiras chamar, de cocho. Hai quen dirá: Que noxo! Pero se é de confianza (cocho matado na casa) pois eu apúntome a facela e comela. Case  era un ritual na casa o día de despedazar o cocho :) INGREDIENTES Os sesos dun cocho 2 ovos Sal e/ou pimenta ó gusto TEMPO Menos dun cuarto de hora PROCESO Primeiro hai que lavar e escocer os sesos. Ás veces quedan manchados de sangre, incluso con coágulos case negros (sobre todo desde que hai que atontar o animal co balote antes de matalo). Basta con cocelos 2 minutos ou así, é unha materia moi blanda.  Deixa templar un pouco (para non queimarte) e limpa os sesos. Mentras se cocen os sesos, podes bater os ovos, e cando estean os sesos limpos mézclaos cos ovos. Pisa co tenedor para desmigalos algo, así quedará máis homoxénea. Adereza con sal e/ou pementa ó teu gusto. E só queda facer a tortilla de forma normal. Prime...