
Outro invento, de orixe chileno. O cochayuyo (Durvillaea antárctica) é unha alga do pacífico que parece ser que se come habitualmente en Chile (aínda que eu non o vin en ningunha carta de restaurantes). Véndese nunha especie de mollos deshidratados que pesan moi pouco (cento e pico gramos) que hai que hidratar e cocer, e úsase habitualmente en ensaladas, ceviches e cazuelas, entre outras recetas. Ten moi pouco sabor (sobre todo se o coces sin sal) e unha textura medio xelatinosa e algo similar á punta da orella de cocho cocida, algo triscante (depende do que o cozas, claro).
O máis difícil da receta igual foi conseguir o cochayuyo. Eu aproveitei unha viaxe a Chile ☺.
INGREDIENTES
- Cochayuyo, claro. Eu usei como un cuarto do paquete seco, que deben ser 40 ou 50g aprox (na foto xa está hidratado, e usei a metade do que se ve).
- Cebola, pode ser colorada ou branca, eu usei media ceboleta escasa
- 1 tomate
- Medio pemento colorado e medio verde
- 1 Zanahoria
- Unhas follas de cilantro
- 2 ou 3 follas de leituga
Non están na foto:
- Aceitunas
- Aceite, limón, sal e pementa negra para aliñar
TEMPO
Hai que poñer a remollo o cochayuyo unhas 8h (ou deixar toda a noite). Cocelo son 15 minutos desde que a auga ferve. E cortar e compoñer a ensalada, uns 5 minutos
PROCESO
O cochayuyo véndese deshidratado en mazos como o da foto (tamén venden as "follas", pero eu non as atopei). Pesa moi pouco. Como dicía, cada mollo destes non chega ós 120 gramos.
Sacamos uns cachos (rompe fácil) porque todo é demasiado para unha persoa) e poñémolos a rehidratar en auga fría. Unha xente di 2 horas, outros 8, outros que pode ser toda a noite. Eu deixeino unhas 12h.
Unha vez rehidratado, xa pesa máis, e abulta máis, como na foto.
Poñemos a cocer, botándoo en auga xa fervendo. De novo, hai quen di máis ou menos tempo, entre 15 e 45 ou 50 minutos. Eu deixeino uns 15, saqueino e paseino por auga fría para que parara de cocer, e para poder manipulalo sen queimarme.
Mentras cocía, aproveitei para picar as verduras: a cebola e pimentos en xuliana, o tomte en dadiños, a zanahoria en bastóns pequenos, e o cilantro en cachos sin pararme moito. Logo piquei o cochayuyo en tiras máis ou menos finas.
E isto foio que usei ó final, engadindo aceitunas e aliñando con limón (zumo dun limón e medio), aceite, algo de sal e pementa negra.
E así foi como quedou ó final. Se fago outra, probablemente poña algo de sal na auga de cocer o cochayuyo, porque ten pouco sabor. A textura en xeral gústame esa medio xelatina - medio triscante estilo orella de cocho cocida, pola punta (non hai cartílago realmente).
Comentarios
Publicar un comentario