Atrevinme cun postre máis! A receta está basada neste vídeo, pero aquí é con café en vez de cacao: https://www.youtube.com/watch?v=9MWwwpOEld8 Non quedou demasiado doce, que era o que quería eu, pero para postre probablemente un 50% máis de azucre igual lle viña ben. INGREDIENTES 400 g de leite (serán 400 cl aprox., pero eu pesei todo) 40 g de cacao en polvo (sen azucre) 20 g de azucre 20 g de maicena TEMPO De traballo, 3 ou 4 minutos. Despois hai que deixarlle enfriar algo e logo metelo na nevera 1 ou 2 horas. PROCESO Mesturamos todo. Poñémolo nun cazo ó lume, a potencia media. Hai que revolver bastante frecuentemente, porque se agarra ó fondo do cazo. En 3 ou 4 minutos xa espesou. Eu deixeino atemperar un pouco no cazo, porque non tiña claro que non reventaran os vasos se o botaba xa. Pasámolo a uns vasos. Esperamos uns minutos a que enfríen un pouco máis, e metémolos na nevera. E este é o resultado final. Creo que se tivese nata para montar, viríalle ben por encima...