Saltar ao contido principal

Postre de cacao

Atrevinme cun postre máis!

A receta está basada neste vídeo, pero aquí é con café en vez de cacao: https://www.youtube.com/watch?v=9MWwwpOEld8 

Non quedou demasiado doce, que era o que quería eu, pero para postre probablemente un 50% máis de azucre igual lle viña ben.

INGREDIENTES

  • 400 g de leite (serán 400 cl aprox., pero eu pesei todo)
  • 40 g de cacao en polvo (sen azucre)
  • 20 g de azucre 
  • 20 g de maicena



TEMPO

De traballo, 3 ou 4 minutos. Despois hai que deixarlle enfriar algo e logo metelo na nevera 1 ou 2 horas.

PROCESO

Mesturamos todo.



Poñémolo nun cazo ó lume, a potencia media. Hai que revolver bastante frecuentemente, porque se agarra ó fondo do cazo.


En 3 ou 4 minutos xa espesou. Eu deixeino atemperar un pouco no cazo, porque non tiña claro que non reventaran os vasos se o botaba xa.


Pasámolo a uns vasos. Esperamos uns minutos a que enfríen un pouco máis, e metémolos na nevera.


E este é o resultado final. Creo que se tivese nata para montar, viríalle ben por encima. Pero non tiña.
Non están mal de todo, e o traballo é mínimo.






Comentarios

Publicacións populares deste blog

Sopa de pescado e marisco

  Sopa de pescado e marisco. Todas as noiteboas fago unha parecida. Poden variar os ingredientes, porque esto consiste basicamente en ir cocendo cousas e metelas xuntas nunha pota, aproveitando a auga de cocelas, claro. Se en vez de usar cousas conxeladas ou de lata se usan as frescas, sabe mellor, claro ;) Esta é a lista dos ingredientes que usei este ano. Para o ano que ven, ou para ano vello se a fago, quen sabe... INGREDIENTES 1/2 Kg de berberechos 1/2 Kg de gambas peladas 8 barriñas de surimi ("palitos de cangrexo") 1/4 Kg de chipiróns 4 Cabezas de pescado (merluzas) 1 Kg de ósos de rape 1 "tronkito" de merluza 1/4 Kg de carne de mellixóns 1/4 Kg de carne de zamburiñas 1 sobre de crema de lubrigante (non atopei a de langosta) Un bote de salsa de tomate (400 g aprox.) 1 pocillo de tapioca Azafrán TEMPO Hora e media, máis ou menos PROCESO Se usas berberechos -chícaros, que se di na miña casa- con casca (recomendable porque...

Boliñas de queixo

Esta é unha especie de receta de aproveitamento, mesturada con pinchoteo. Pode facerse con queixo fresco relado, claro, pero eu fíxeno con queixo que tiña seco na nevera, que parecía un croio. Con mozarella ou gouda ou así queda derretido por dentro, co que fixen eu non. INGREDIENTES Queixo relado (aproveitando queixos varios vellos): Eran 173 g. 2 culleradas de maicena: 30 g (que quizás sobraba algo) Un ovo 2 culleradas de leite (non está na foto, foi unha adaptación porque quedou moi seco). TEMPO 20 ou 25 minutos. PROCESO Mesturamos o ovo e a maicena co queixo relado. Como este era queixo moi seco, probablemente a maicena sobraría. Hai que amasar á mau un bo cacho, e quedaba demasiado seco, así que metín un par de culleradas de leite. O aspecto final da masa é este: Compacta, seca, pero que mantén a forma. Agora toca coller cachiños e facer bolas. A min saíronme 37. E fritir. Lume alto e sen poñer demasiadas boliñas de vez para que non baixe a temperatura. Como eran pequenas, metín d...

Ensalada de cochayuyo

Outro invento, de orixe chileno. O cochayuyo ( Durvillaea antárctica ) é unha alga do pacífico que parece ser que se come habitualmente en Chile (aínda que eu non o vin en ningunha carta de restaurantes). Véndese nunha especie de mollos deshidratados que pesan moi pouco (cento e pico gramos) que hai que hidratar e cocer, e úsase habitualmente en ensaladas, ceviches e  cazuelas , entre outras recetas.  Ten moi pouco sabor (sobre todo se o coces sin sal) e unha textura medio xelatinosa e algo similar á punta da orella de cocho cocida, algo triscante (depende do que o cozas, claro). O máis difícil da receta igual foi conseguir o cochayuyo. Eu aproveitei unha viaxe a Chile ☺. INGREDIENTES Cochayuyo, claro. Eu usei como un cuarto do paquete seco, que deben ser 40 ou 50g aprox (na foto xa está hidratado, e usei a metade do que se ve). Cebola, pode ser colorada ou branca, eu usei media ceboleta escasa 1 tomate Medio pemento colorado e medio verde 1 Zanahoria Unhas follas de cilantro ...