Saltar ao contido principal

Xarrete (osobuco) ó viño branco


Case sempre que compro xarrete eu cózoo, porque me gusta así e aproveito a auga de cocer como consomé. Pero este tiña tan boa pinta para asar que non me resistín.

Facer un só seguindo esta receta, para unha persoa (sobra a metade) creo que é un pouco perder o tempo, pero tampouco vou dicir que estaba malo. Facer catro xuntos para máis xente leva o mesmo traballo e igual incluso sabe mellor. Por certo, que eu usei viño branco porque as salsas feitas con viño tinto a min fánseme normalmente demasiado fortes.

INGREDIENTES

  • Un pedazo de xarrete ou osobuco. O meu pesaba medio kilo aproximadamente.
  • Verduras ó gusto. Eu usei allos, cebola, ceboleta, champiñóns portobello, pemento colorado e cenorias.
Acompañeino con puré de patacas, que levaba pataca e algo de leite para poñelo máis meloso, e algo de perexil (non saen na foto).


TEMPO

Unha hora ou hora e cuarto (ola exprés).

PROCESO

Primeiro salpementamos a carne e picamos as verduras (eu aproveitei xa a foto previa). 
Despois cubrimos o fondo dunha pota con aceite e douramos ben o xarrete polos dous lados (incluso algo polo lado aguantando con pinzas). Eu xa usei a pota exprés porque así fago todo no mesmo recipiente.


Máis ou menos así por un lado. A lume medio-alto tárdase en total un 5 ou 6 minutos.


Aquí vese que se descompón algo por culpa da teliña exterior. Corteina cunhas tixeiras para volver aplanar o xarrete.

Retiramos o xarrete a un prato. Eu tamén saquei un pouco de aceite da pota. Pochamos as verduras a lume medio uns 4-5 minutos.

Botamos o viño, medio litro máis ou menos. Deixamos a lume alto uns 5 minutos para que evapore o alcol.

Volvemos a poñer a carne na pota. Eu non engadín líquido (hai quen engade caldo ou auga, pero había líquido bastante porque na exprés non se perde case nada).

Tapamos a pota. Eu puxen un temporizador de 42 minutos. En canto colleu temperatura baixeina, acabei tendo case todo o tempo a temperatura no 3 de 9 da miña inducción.

Mentras se coce, aproveitamos para adiantar o puré de patacas. Peladas e cortadas, e con algo de sal, cocémolas ata que estean blandas. Uns 20 minutos máis ou menos, depende da pataca tamén.


Despois dacemos o puré. Eu teño o pisapatacas da foto, pero con tenedor tamén vale se están blandas.


Como se ve, queda como granulado gordo.


Eu engádolle leite (medio vaso) e vou revolvendo. Puxen tamén un pouco de perexil picado.

Cando acaba o tempo do xarrete, abrimos a pota (despresurizando con xeitiño) e sacamos a carne. Eu xa a saquei en pedazos porque se separan ó estar tan cocido. As verduras quedan na pota.


Hai quen separa as verduras, cola a salsa ou que sei eu. Eu o que fixen foi pasarlle a batidora a todo xunto.


Volvín a carne uns momentos á salsa xa triturada, e logo emplatei a carne, salseando por encima, e poñendo o puré de patacas. Estaba bo, estaba blando, quizás me quedei un pouco corto de sal... pero vaia. Unha comida distinta. Comín a metade nada máis, o resto para a cea ou mañá 😅


 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Sopa de pescado e marisco

  Sopa de pescado e marisco. Todas as noiteboas fago unha parecida. Poden variar os ingredientes, porque esto consiste basicamente en ir cocendo cousas e metelas xuntas nunha pota, aproveitando a auga de cocelas, claro. Se en vez de usar cousas conxeladas ou de lata se usan as frescas, sabe mellor, claro ;) Esta é a lista dos ingredientes que usei este ano. Para o ano que ven, ou para ano vello se a fago, quen sabe... INGREDIENTES 1/2 Kg de berberechos 1/2 Kg de gambas peladas 8 barriñas de surimi ("palitos de cangrexo") 1/4 Kg de chipiróns 4 Cabezas de pescado (merluzas) 1 Kg de ósos de rape 1 "tronkito" de merluza 1/4 Kg de carne de mellixóns 1/4 Kg de carne de zamburiñas 1 sobre de crema de lubrigante (non atopei a de langosta) Un bote de salsa de tomate (400 g aprox.) 1 pocillo de tapioca Azafrán TEMPO Hora e media, máis ou menos PROCESO Se usas berberechos -chícaros, que se di na miña casa- con casca (recomendable porque...

Boliñas de queixo

Esta é unha especie de receta de aproveitamento, mesturada con pinchoteo. Pode facerse con queixo fresco relado, claro, pero eu fíxeno con queixo que tiña seco na nevera, que parecía un croio. Con mozarella ou gouda ou así queda derretido por dentro, co que fixen eu non. INGREDIENTES Queixo relado (aproveitando queixos varios vellos): Eran 173 g. 2 culleradas de maicena: 30 g (que quizás sobraba algo) Un ovo 2 culleradas de leite (non está na foto, foi unha adaptación porque quedou moi seco). TEMPO 20 ou 25 minutos. PROCESO Mesturamos o ovo e a maicena co queixo relado. Como este era queixo moi seco, probablemente a maicena sobraría. Hai que amasar á mau un bo cacho, e quedaba demasiado seco, así que metín un par de culleradas de leite. O aspecto final da masa é este: Compacta, seca, pero que mantén a forma. Agora toca coller cachiños e facer bolas. A min saíronme 37. E fritir. Lume alto e sen poñer demasiadas boliñas de vez para que non baixe a temperatura. Como eran pequenas, metín d...

Tortilla de sesos

É unha tortilla francesa con sesos, ou molas, ou cerebro, ou como lle queiras chamar, de cocho. Hai quen dirá: Que noxo! Pero se é de confianza (cocho matado na casa) pois eu apúntome a facela e comela. Case  era un ritual na casa o día de despedazar o cocho :) INGREDIENTES Os sesos dun cocho 2 ovos Sal e/ou pimenta ó gusto TEMPO Menos dun cuarto de hora PROCESO Primeiro hai que lavar e escocer os sesos. Ás veces quedan manchados de sangre, incluso con coágulos case negros (sobre todo desde que hai que atontar o animal co balote antes de matalo). Basta con cocelos 2 minutos ou así, é unha materia moi blanda.  Deixa templar un pouco (para non queimarte) e limpa os sesos. Mentras se cocen os sesos, podes bater os ovos, e cando estean os sesos limpos mézclaos cos ovos. Pisa co tenedor para desmigalos algo, así quedará máis homoxénea. Adereza con sal e/ou pementa ó teu gusto. E só queda facer a tortilla de forma normal. Prime...