Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2013

Empanada de carne (aproveitamento)

Outra receta para aproveitar parte dun lacón asado... este foi o resultado. INGREDIENTES Fariña (300 g) Levadura de panadería (15 g) Auga e aceite para amasar Carne picada (xa estaba asada) (200 g) Cebola (1, uns 150 g) Pemento verde (150 g) PREPARACIÓN  Como a masa debe repousar uns 20-30 minutos para que levede, é mellor empezar por facer a masa. Así mentras esperamos podemos picar os ingredientes que irán dentro. Pon nunha ensaladeira uns 300 g de fariña, unha pizca de sal, e os 15 g de levadura. NOTA: con levadura de panadería, desa que ven en bloques, a empanada sae e sabe moito mellor que usando levadura en polvo  de repostería (desa que ven en sobre, tipo Royal e compañía). Eu teño a levadura no conxelador, así que parto un cacho e póñoa no microondas a desconxelar cunha pizca de auga. Vai botando auga (a temperatura ambiente) na fariña e revolvendo cunha culler de madeira. Non medín a cantidade de auga que usei, pero sería como medio vaso, uns 1...

Musaka de aproveitamento

MUSAKA de aproveitamento Posiblemente non teña demasiado que ver coa musaka "oficial", empezando porque non é de cordeiro, pero parécese bastante, e comeuse toda :) Por outro lado, esqueceume de sacar algunha das fotos durante o proceso, e a da musaka finalizada. Imperdoable! INGREDIENTES Bases 3 berenxenas (1kg) Farsa 1 cebola 1 pimento 2 tomates Carne que sobrou de cocido (galiña e xamón cocidos). O orixinal é cordeiro. Bechamel Aceite (3 ou 4 culleradas sopeiras) Manteiga (1 cullerada, opcional) Fariña (3 culleradas sopeiras ben cheas) 3/4 de litro de leite PREPARACIÓN Cortar as berenxenas en rodas de máis ou menos un cm de grosor. Eu corteinas ó largo, pero vin recetas onde as cortan ó traveso, en círculos. Deixalas nunha fonte con bastante sal durante aproximadamente media hora (mentras fas o resto) . Para a farsa (o recheo): Facer unha salsa de tomate: picar unha cebola e un pimento. Poñer a pochar, botar un pouco de sal para q...

Unhas fotos de empanadas

Este post non contén recetas, só fotos de empanadas que fun facendo ó longo do tempo. Logo xa poñerei como fago a masa, o amoado e todo o proceso. Agora, só para dar fame, as fotos. A primeira mostra Aquí xa a empezamos. Nin tempo me deu a sacar a foto. A segunda mostra E a terceira e última por hoxe. As redondas saben igual cas outras, pero teñen outro encanto :)

Outro blog máis de recetas?

Pois si... outro blog máis de recetas de cociña e cousas así. Por que empezo este tinglado? Non hai xa dabondos? Si que hai bastantes, si. Pero eu vou engadir un máis. Por que? Porque me gusta cociñar, reláxame, e cando quero facer algunha receta nova ou algún experimento culinario, case sempre empezo mirando nos blogs. Poida que o que eu publique aquí lle sirva a alguén, así que aquí queda. Tamén mue gusta sacarlle fotos ás recetas que fago. E tamén, se a receta sabía ben, me gusta repetila. Pero non son moi dado a apuntar como o fixen, nin especialmente os pasos da receta. A ver se tendo este blog me volvo máis ordenado. Non creo :) As primeiras recetas que poña van ser de aproveitamento. Por exemplo, cando se fai un cocido ou un asado e sobra carne ou pescado, a min gústame facer ou ben croquetas (e conxelalas) ou ben empanadas. Un día tamén fixen unha musaka con restos de carne, e non estaba mal. Iremos informando...