MUSAKA de aproveitamento
Posiblemente non teña demasiado que ver coa musaka "oficial", empezando porque non é de cordeiro, pero parécese bastante, e comeuse toda :)Por outro lado, esqueceume de sacar algunha das fotos durante o proceso, e a da musaka finalizada. Imperdoable!
INGREDIENTES
Bases
- 3 berenxenas (1kg)
Farsa
- 1 cebola
- 1 pimento
- 2 tomates
- Carne que sobrou de cocido (galiña e xamón cocidos). O orixinal é cordeiro.
Bechamel
- Aceite (3 ou 4 culleradas sopeiras)
- Manteiga (1 cullerada, opcional)
- Fariña (3 culleradas sopeiras ben cheas)
- 3/4 de litro de leite
PREPARACIÓN
Cortar as berenxenas en rodas de máis ou menos un cm de grosor. Eu corteinas ó largo, pero vin recetas onde as cortan ó traveso, en círculos. Deixalas nunha fonte con bastante sal durante aproximadamente media hora (mentras fas o resto) .
Para a farsa (o recheo):
- Facer unha salsa de tomate: picar unha cebola e un pimento. Poñer a pochar, botar un pouco de sal para que suden. Picar 2 tomates e botalos encima da cebola e o pimento cando estean a medias. Botar un pouco de albahaca, unha cucharada de azúcar e unha de sal.
- Cocer a lume medio 5 minutos, e agregar a carne (se usas carne cruda, habería que fritila antes de botala, ou tamén podes botala na cebola pochada antes do tomate).
- Reservar
Desde que as berenxenas levan media hora ou así no sal, hai que lavalas ben para sacar o líquido amargo que botaron e mais o sal. Despois hai que secalas MOI ben con papel absorbente (se quedan húmidas asan peor).
Asar as berenxenas. Eu fíxeno na plancha, con pouco aceite. Lin que se podía facer no microondas, 8 mintuos a máxima potencia poñendo as lonxas nunha fiambreira tapada coa tapa do micro, e unha gota de aceite, pero non probei. Na foto aínda estaban a medio asar, quedan cun aspecto medio queimado, dependendo da auga que lles quedara. Mira a que está abaixo á dereita, coa marca de apretala coa espumadeira.
O aspecto final era máis ou menos este:Fai a bechamel. Bota 3 culleradas de aceite e un pouco de manteiga (opcional). Bota unhas 3 culleradas de fariña, e un chisco de sal se queres. Espera a que se vaia cociñando a fariña (que non quede demasiado seca, debe ir máis ou menos a mesma cantidade). Vai botando leite pouco a pouco e revolvendo (non teño máis fotos da bechamel). Eu gastei máis ou menos tres cuartos de litro de leite revolvendo seguido. Debe quedar algo líquida para poder estrala mellor.
Pon o forno a prequentar a uns 180o C (calor por enriba e por abaixo).
Monta a musaka: Unha capa de berenxenas, unha capa de farsa de carne, unha de bechamel. Volve con outra capa de berenxenas, farsa, e bechamel, así ata que acabes (a min deume para dúas capas de farsa). Acaba con berenxenas e unha capa de bechamel por encima.
Para acabar, pon queixo rallado por encima da bechamel (eu non atopei o rallador así que o cortei co coitelo). Métea no forno.
Déixaa a 180o C máis ou menos 20 minutos. Logo pona 5 minutos co grill (ou calor por arriba só se non tes grill) a 250oC.
Comentarios
Publicar un comentario