Saltar ao contido principal

Empanada de carne (aproveitamento)

Outra receta para aproveitar parte dun lacón asado... este foi o resultado.

INGREDIENTES

  • Fariña (300 g)
  • Levadura de panadería (15 g)
  • Auga e aceite para amasar
  • Carne picada (xa estaba asada) (200 g)
  • Cebola (1, uns 150 g)
  • Pemento verde (150 g)

PREPARACIÓN 

Como a masa debe repousar uns 20-30 minutos para que levede, é mellor empezar por facer a masa. Así mentras esperamos podemos picar os ingredientes que irán dentro.

Pon nunha ensaladeira uns 300 g de fariña, unha pizca de sal, e os 15 g de levadura. NOTA: con levadura de panadería, desa que ven en bloques, a empanada sae e sabe moito mellor que usando levadura en polvo  de repostería (desa que ven en sobre, tipo Royal e compañía).


Eu teño a levadura no conxelador, así que parto un cacho e póñoa no microondas a desconxelar cunha pizca de auga.

Vai botando auga (a temperatura ambiente) na fariña e revolvendo cunha culler de madeira. Non medín a cantidade de auga que usei, pero sería como medio vaso, uns 10-15 cc. Cando teñas a fariña aínda sen facer un bloque, que se ve que aínda lle falta algo de líquido, bota 2 culleradas de aceite, e pasa a amasar coas mans. O aceite é importante, porque lle da elasticidade á masa.

Unha vez estea amasado, tapa a ensaladeira cun pano seco, e deixa que a levadura faga o seu traballo.


Pica a cebola, o pemento, e a carne, se non esaba xa picada.


Prepara a fonte para o forno. Como se ve na imaxe, vou facer unha empanada redonda. É moi importante poñer ese papel de fornear, se non a empanada queda crúa pola parte de abaixo.


Se xa pasaron polo menos 20 minutos desde que rematache de amasar, pasamos a montar a empanada. Deberás notar que está máis esponxosa que cando a deixache.

Colle a metade da masa aproximadamente, e estíraa. Probablemente para as primeiras empanadas sexa máis fácil facelas rectangulares, pero cando lle colles o truco as redondas quedan máis chulas ;-)

Coloca a masa na bandexa, encima do papel de fornear.

Neste punto podes poñer a prequentar o forno a uns 190ºC.


Coloca a cebola, o pemento e a carne encima da capa de masa. Neste caso eu puxen a cebola e o pemento crudos.  Desta forma, ó ir cociñándose vai transmitindo parte do sabor á masa.
Claro que hai xente que prefire que o de dentro vaia cociñado, pochando a cebola e mezclándolle a carne antes de poñela na masa. Eu teño probado das dúas formas, e gústanme ambas. O sabor non é o mesmo, pero é bo nos dous casos.

Estira a outra metade da masa para a tapa da empanada. Pona encima da outra metade, e envolve algo os bordes. Bate un ovo e pinta por encima. Polos bordes é interesante, porque os pega e así non se separará tan facilmente no forno.

 
Faille un burato no centro para que saia o vapor. Tamén poderías pinchar toda a masa cun tenedor para ter buratiños polos que escape o vapor, as 2 opcións valen. Se che sobrou algo de masa, podes poñer unhas tiras para adornar.


Mete a fonte no forno, e fornea durante uns 40 minutos a 180 ou 190ºC (calor por arriba e abaixo). Retíraa e non te queimes!



Comentarios

Publicacións populares deste blog

Sopa de pescado e marisco

  Sopa de pescado e marisco. Todas as noiteboas fago unha parecida. Poden variar os ingredientes, porque esto consiste basicamente en ir cocendo cousas e metelas xuntas nunha pota, aproveitando a auga de cocelas, claro. Se en vez de usar cousas conxeladas ou de lata se usan as frescas, sabe mellor, claro ;) Esta é a lista dos ingredientes que usei este ano. Para o ano que ven, ou para ano vello se a fago, quen sabe... INGREDIENTES 1/2 Kg de berberechos 1/2 Kg de gambas peladas 8 barriñas de surimi ("palitos de cangrexo") 1/4 Kg de chipiróns 4 Cabezas de pescado (merluzas) 1 Kg de ósos de rape 1 "tronkito" de merluza 1/4 Kg de carne de mellixóns 1/4 Kg de carne de zamburiñas 1 sobre de crema de lubrigante (non atopei a de langosta) Un bote de salsa de tomate (400 g aprox.) 1 pocillo de tapioca Azafrán TEMPO Hora e media, máis ou menos PROCESO Se usas berberechos -chícaros, que se di na miña casa- con casca (recomendable porque...

Boliñas de queixo

Esta é unha especie de receta de aproveitamento, mesturada con pinchoteo. Pode facerse con queixo fresco relado, claro, pero eu fíxeno con queixo que tiña seco na nevera, que parecía un croio. Con mozarella ou gouda ou así queda derretido por dentro, co que fixen eu non. INGREDIENTES Queixo relado (aproveitando queixos varios vellos): Eran 173 g. 2 culleradas de maicena: 30 g (que quizás sobraba algo) Un ovo 2 culleradas de leite (non está na foto, foi unha adaptación porque quedou moi seco). TEMPO 20 ou 25 minutos. PROCESO Mesturamos o ovo e a maicena co queixo relado. Como este era queixo moi seco, probablemente a maicena sobraría. Hai que amasar á mau un bo cacho, e quedaba demasiado seco, así que metín un par de culleradas de leite. O aspecto final da masa é este: Compacta, seca, pero que mantén a forma. Agora toca coller cachiños e facer bolas. A min saíronme 37. E fritir. Lume alto e sen poñer demasiadas boliñas de vez para que non baixe a temperatura. Como eran pequenas, metín d...

Tortilla de sesos

É unha tortilla francesa con sesos, ou molas, ou cerebro, ou como lle queiras chamar, de cocho. Hai quen dirá: Que noxo! Pero se é de confianza (cocho matado na casa) pois eu apúntome a facela e comela. Case  era un ritual na casa o día de despedazar o cocho :) INGREDIENTES Os sesos dun cocho 2 ovos Sal e/ou pimenta ó gusto TEMPO Menos dun cuarto de hora PROCESO Primeiro hai que lavar e escocer os sesos. Ás veces quedan manchados de sangre, incluso con coágulos case negros (sobre todo desde que hai que atontar o animal co balote antes de matalo). Basta con cocelos 2 minutos ou así, é unha materia moi blanda.  Deixa templar un pouco (para non queimarte) e limpa os sesos. Mentras se cocen os sesos, podes bater os ovos, e cando estean os sesos limpos mézclaos cos ovos. Pisa co tenedor para desmigalos algo, así quedará máis homoxénea. Adereza con sal e/ou pementa ó teu gusto. E só queda facer a tortilla de forma normal. Prime...