Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: decembro, 2013

Tortilla de sesos

É unha tortilla francesa con sesos, ou molas, ou cerebro, ou como lle queiras chamar, de cocho. Hai quen dirá: Que noxo! Pero se é de confianza (cocho matado na casa) pois eu apúntome a facela e comela. Case  era un ritual na casa o día de despedazar o cocho :) INGREDIENTES Os sesos dun cocho 2 ovos Sal e/ou pimenta ó gusto TEMPO Menos dun cuarto de hora PROCESO Primeiro hai que lavar e escocer os sesos. Ás veces quedan manchados de sangre, incluso con coágulos case negros (sobre todo desde que hai que atontar o animal co balote antes de matalo). Basta con cocelos 2 minutos ou así, é unha materia moi blanda.  Deixa templar un pouco (para non queimarte) e limpa os sesos. Mentras se cocen os sesos, podes bater os ovos, e cando estean os sesos limpos mézclaos cos ovos. Pisa co tenedor para desmigalos algo, así quedará máis homoxénea. Adereza con sal e/ou pementa ó teu gusto. E só queda facer a tortilla de forma normal. Prime...

Ameixas á mariñeira

Creo que hai tantas recetas de "á mariñeira" como mariñeiros, así que aquí vai a que facía miña irmá. Ou a parte que eu recordo que facía, anque me parece que é bastante fiel. E por unha vez pesei algún dos ingredientes, e apuntei as cantidades! INGREDIENTES 4 Kg de ameixas 7 ou 8 de cebolas, que a min me pesaron 1,6 Kg 4 dentes de allo, que me pesaron 60 g 4 follas de loureiro 4 guindillas 2 pastillas de caldo de pescado concentrado 1 cucharada de pimentón dulce 1/2 litro de viño branco INGREDIENTES PROHIBIDOS A fariña. Non se usa fariña de ningún tipo nesta receta . Miña irmá dicía "non lle fai falta fariña, faille falta máis tempo". TEMPO Unha hora e cuarto. Case todo para a salsa, abrir as ameixas son 10 ou 15 minutos. PROCESO Ameixas... hai de moitas clases. Eu teño comprado conxeladas e frescas, e a diferencia é abismal. Non no precio, senón no resultado final. Sen dúbida, as frescas! Logo, está o tipo de ameixa. Supoño ...

Sopa de pescado e marisco

  Sopa de pescado e marisco. Todas as noiteboas fago unha parecida. Poden variar os ingredientes, porque esto consiste basicamente en ir cocendo cousas e metelas xuntas nunha pota, aproveitando a auga de cocelas, claro. Se en vez de usar cousas conxeladas ou de lata se usan as frescas, sabe mellor, claro ;) Esta é a lista dos ingredientes que usei este ano. Para o ano que ven, ou para ano vello se a fago, quen sabe... INGREDIENTES 1/2 Kg de berberechos 1/2 Kg de gambas peladas 8 barriñas de surimi ("palitos de cangrexo") 1/4 Kg de chipiróns 4 Cabezas de pescado (merluzas) 1 Kg de ósos de rape 1 "tronkito" de merluza 1/4 Kg de carne de mellixóns 1/4 Kg de carne de zamburiñas 1 sobre de crema de lubrigante (non atopei a de langosta) Un bote de salsa de tomate (400 g aprox.) 1 pocillo de tapioca Azafrán TEMPO Hora e media, máis ou menos PROCESO Se usas berberechos -chícaros, que se di na miña casa- con casca (recomendable porque...

Guiso de pito

O guiso este fíxeno cunha zanca, anque se se fai co cuarto dianteiro (con ala, pescozo, etc.) tamén está moi bo, anque a peituga é algo seca. E vai guiso estilo miña mai, con prebe, non seco. INGREDIENTES Unha zanca de pito  2 patacas medianas Unha ou 2 cenorias Un tomate carnoso (tomate pera, por exemplo) Unha Cebola Allo (2 dentes chegan) Guisantes (ó gusto, e poden ser frescos, conxelados, ou de bote) Aceite, sal, viño, pementa... TEMPO 50 minutos (mirando o tempo entre as fotos) PROCESO Para preparar todo xunto: troceamos o pito (a macheta que se ve na foto anterior funcionou de medo!), e salpimentámolo.  Pelamos e picamos as patacas, a cenoria e a cebola. Pelamos e laminamos o allo, e picamos o tomate (hai quen o pela, eu non o fixen). Que foto máis cojonuda queda con todo arreglado :) Poñemos a dourar os allos nun pouco de aceite. Para estas couas unha pota de aceiro funciona moi ben. Despois imos botando a cebola e a ceno...